José Suárez, uns ollos vivos que pensan
28 Abril / 19:30 – 20:30
Conmemoración do Día das artes galegas adicado a José Suárez. Quen? Manuel Sendón, X.L Suárez Canal e presenta Anxo Cabáda. Cando? Martes 28 de abril de 2026 ás 19.30 h. Onde? Casa Galega da Cultura (Plaza de la Princesa, 2. 36202 Vigo). (Pendente de completar !)

O fotógrafo
José Suárez Fernández, nado en Allariz en 1902 e finado na Guarda o 5 de xaneiro de 1974, foi un fotógrafo galego. A súa obra pode relacionarse coa fotografía humanista, co ser humano e o seu contorno como tema central a través da súa visión persoal. Con todo, algúns autores inclúen a súa obra na Nova Obxectividade.
No ano 2015 o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura organizou unha exposición monográfica sobre o fotógrafo baixo o título José Suárez, uns ollos vivos que pensan. A exposición percorreu posteriormente varias cidades, Nova Deli, A Coruña, Madrid, Buenos Aires, París, Tokyo e Salamanca.
A Real Academia Galega de Belas Artes elixiu a José Suárez como o homenaxeado do Día das Artes Galegas 2026, que se celebrará o 1 de abril, data na que o Mestre Mateo dirixiu a colocación dos linteis do Pórtico da Gloria na Catedral compostelá no ano 1188.
(Da súa ficha na web da Wikipedia)

