Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Premio Primeiro de maio ao compromiso social e solidaridade

24 Abril / 19:30 20:30

A Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo tivo a ben outorgar o Premio Primeiro de maio 2026 ao Ateneo Atlántico polo seu compromiso social e solidaridade na nosa cidade. O acto será o venres 24 ás 19.30 h. no Museo do Mar. (Pendente de completar !)

2026-04-24 PremioCCOO 1600x1600
Nova

Desde o Ateneo Atlántico queremos compartir con vós este premio Primeiro de maio 2026 que nos concede Comisións Obreiras e convidarvos a acudir ao evento que será este venres 24 ás 19.30 h. no Museo do Mar.

Saúdos

A presidenta

O acto
2026-04-24 Grupo Premio 900x

.

2026-04-24 GrupoPremiados Premio 627x

.

Discurso de agradecemento de Luísa Abad, presidenta do Ateneo Atlántico.

Boas tardes a todas e todos.

É unha enorme honra estar hoxe aquí recollendo este premio Primeiro de Maio Queremos agradecerllo sinceiramente a CCOO de Vigo. Representa para nós moito máis ca un recoñecemento: é un impulso para seguir traballando por unha sociedade máis xusta.

Este agasallo que hoxe nos facedes, pertence a todas as persoas que forman parte do Ateneo Atlántico. Para quen aínda non nos coñeza dicirvos que somos una asociación que volveu rebrotar na cidade filla doutros ateneos anteriores. Hai oito anos un grupo de amigas/os xuntouse e da súa feliz iniciativa xurdiu un vizoso Ateneo que nestes momentos temos o pracer de liderar entre outras as persoas que aquí estamos.

Dicirvos que temos diferentes comisión que van dende o club de lectura as proxeccións de cine pasando polo pensamento e debate, o feminismo ou a cidade de Vigo. Tamén facemos visitas guiadas a exposicións e excursións para coñocer a nosa contorna e patrimonio . Ademais impulsamos o premio Exeria de relato curto. Este trimestre a nosa actividade estrela é un ciclo sobre a memoria democrática na provincia de Pontevedra. Estades convidados/as a participar nas actividades que promovemos e por suposto a facervos socias e socios para traballar con nós.

O Ateneo é básicamente un foro cultural que fomenta o espíritu crítico pero tamén ten un fondo compromiso coa realidade que nos toca vivir, de aí que manteñamos colaboración cunha chea de entidades sociais e culturais da cidade, entre outras a plataforma Vigo con Palestina.

Este premio é un galano. Anímanos a continuar o traballo iniciado con máis forza e responsabilidade. Grazas novamente por pensar que somos merecedores del. Queremos rematar cuns versiños:

É algo máis ca un premio
é faro na penumbra
é clamor de voces
remando na mesma dirección

é aloumiño no hombreiro
é un máis dos pequenos xestos
que mudan o mundo

é forza compartida,
é lembrar que todas sumamos
e que ninguén sobra
nesta marabillosa aventura

GRAZAS!

Máis información

Unión Comarcal de CCOO de Vigo