Proxección do documental Anduriña

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O Ateneo Atlántico prácese en proxectar o filme documental Anduriña, mulleres de ida e volta, da actriz e directora Cristina Pascual. O acto terá lugar o martes 21 de xaneiro, a partir das 19.30 horas, na biblioteca da EMAO; Nones Araújo será a presentadora.

cinemAteneo. Delicioso

Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, Spain

Volve o cinemAteneo coa proxección do filme Delicioso, de Eric Besnard. Será o mércores 22 de xaneiro, a partir das 19.30 horas, nos multicines Norte.

Presentación do libro As superviventes

Librería Librouro Rúa de Eduardo Iglesias, 12, Vigo, Galicia, Spain

O Ateneo Atlántico, en colaboración con Xerais presenta o libro As Superviventes, de Ramón Caride. Será o martes 4 de febreiro, a partir das 20 horas en Librouro. O autor estará acompañado por Fran Alonso e Chis Oliveira.

Club de lectura. Tras do ceo

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para o mes de xaneiro (xuntanza, no noso local, o mércores 5 de febreiro ás 18.30 horas) é Tras do Ceo, de Manuel Rivas.

Castelao nos anos da Guerra civil

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

No ano Castelao, Xesús Alonso Montero achéganos a un período clave da súa vida, os anos da Guerra civil española (Visita á Unión Soviética: prosovietismo e filocomunismo). Será o martes 11 de febreiro, a partir das 19.30 horas, na biblioteca da EMAO. Presenta Laura Caveiro.

cinemAteneo. O aprendiz

Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, Spain

A película do mes do cinemAteneo será The Apprentice (O aprendiz), A proxección e posterior coloquio terán lugar o mércores 12 de febreiro, a partir das 19.30 horas nos multicines Norte. Os principios de Donald Trump no Nova York dos anos 70.

O dereito á vida e á morte digna

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O vindeiro martes 18 de febreiro, ás 19.30, na EMAO, o Ateneo Atlántico presenta o acto O dereito á vida e á morte digna. Participarán Isabel Blanco (Presidenta de DMD), Elvira Landín (avogada), e Noa Pazos (médica internista); no acto proxectaremos o filme documental Laura.

Repensar a arquitectura medieval

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

Licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de Historia da Arte, pola Universidade de Santiago de Compostela en 1996, e doutora en Arqueoloxía pola Universidade do País Vasco en 2015. Traballa no estudo das construcións históricas dende unha perspectiva arqueolóxica. É profesora da Facultade de Xeografía e Historia da USC e membro do Consello da Cultura Galega. Pertence ao Consello de Redacción da revista do CSIC Arqueoloxía da Arquitectura e ao Consello Asesor da Revista do CSIC Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio (CAPA).

Foi a coordinadora do informe que vén de presentar o Consello da Cultura Galega Enerxía eólica e paisaxes culturais en Galicia, sobre o impacto dos eólicos no patrimonio natural, paisaxístico e cultural.