Cargando eventos

« Todos os eventos

O dereito á vida e á morte digna

18 Febreiro / 19:30 21:00

O vindeiro martes 18 de febreiro, ás 19.30, na EMAO, o Ateneo Atlántico presenta o acto O dereito á vida e á morte digna. Participarán Isabel Blanco (Presidenta de DMD), Elvira Landín (avogada), e Noa Pazos (médica internista); no acto proxectaremos o filme documental Laura.

2025-02-18 Morte Digna
Dereito a morrer con dignidade

Dentro do ciclo sobre os dereitos fundamentais este mes propoñemos un debate relativo ao dereito á Vida. Fronte a quen mantiña que a vida tamén era un deber, o Tribunal Constitucional (ao analizar a LO 3/21 reguladora da eutanasia) afirmou que o dereito á vida incluía o dereito para dispoñer dela. Sobre ese dereito para elixir morrer con dignidade queremos reflexionar o próximo 18 de febreiro, cunha mesa de debate e a proxección da curta “Laura”, un testemuño de quen defende a súa libre decisión.

A nosa socia de honra, Elvira Landín dialogará con Isabel Blanco -médica e Presidenta de DMD Galicia- e con Noa Pazos –médica internista en Coidados Paliativos do Hospital Meixoeiro- para coñecer todas as posibilidades que a lei nos ofrece e aclarar dúbidas :é inevitable morrer con dor?que son os coidados paliativos?; é o mesmo o documento de instrucións previas que o testamento vital?; en que circunstancias podo pedir a morte asistida? cales son as modalidades de axuda a morrer?….Pero tamén falar dos fallos que presenta a lei ou se esta cobre todas as demandas para o exercicio do dereito para morrer dignamente

Biblioteca da EMAO

Rúa García Barbón 5
Vigo, Galicia 36209 Spain
+ Google Map