Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Castelao nos anos da Guerra civil

11 Febreiro / 19:30 21:00

No ano Castelao, Xesús Alonso Montero achéganos a un período clave da súa vida, os anos da Guerra civil española (Visita á Unión Soviética: prosovietismo e filocomunismo). Será o martes 11 de febreiro, a partir das 19.30 horas, na biblioteca da EMAO. Presenta Laura Caveiro.

2025-02-11 Castelao na URSS
Castelao na Unión Soviética en 1938
Xesús Alonso Montero. Ed. Xerais, 2012

Sabíase que Castelao, formando parte dunha delegación española moi plural, estivera, en maio de 1938, en distintas cidades de tres repúblicas da URSS (Leningrado, Moscova; Kiev; Bakú). No presente volume recóllense por primeira vez todos os textos de Castelao sobre a Revolución e a realidade soviéticas. Abundan as formulacións que xustifican o subtítulo do libro: «Filocomunismo e prosovietismo de Castelao nos anos da Guerra Civil». Algunha é deste calado: «En mi viaje a la URSS he adquirido la convicción de que allí se está engendrando una nueva vida que ha de ser el molde de los demás pueblos del mundo.» Estas dúas facetas cómpre entendelas nas coordenadas da Guerra Civil, período no que Castelao se esquerdiza; no que intima con destacados comunistas (Líster, Santiago Álvarez…); no que bate (e faina súa) coa definición de nación formulada por Stalin; no que gusta de escribir para os combatentes marxistas, e no que recibe (entusiasmado) as gabanzas da crítica soviética sobre a súa condición de «debuxante revolucionario».
(Da ficha do libro en Xerais)

Biblioteca da EMAO

Rúa García Barbón 5
Vigo, Galicia 36209 Spain
+ Google Map