- Este evento pasou.
Proxección do documental Anduriña
21 Xaneiro / 19:30 – 21:00
O Ateneo Atlántico prácese en proxectar o filme documental Anduriña, mulleres de ida e volta, da actriz e directora Cristina Pascual. O acto terá lugar o martes 21 de xaneiro, a partir das 19.30 horas, na biblioteca da EMAO; Nones Araújo será a presentadora.

O filme recolle os testemuños de 15 mulleres do concello ourensán de Maceda, que compartiron as súas experiencias como emigrantes e as dificultades coas que se enfrontaron na súa viaxe de ida e volta entre Galicia e outros países.