Dónde vamos a vivir

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O martes 26 de novembro, o Ateneo Atlántico prácese en presentar o filme documental Dónde vamos a vivir, Mujeres contra el deshaucio, de Georgina Cisquella. No acto, terá lugar a partir das 19 horas na biblioteca da EMAO, e ademais da directora, participará Amaia Vilas (Provivienda); actuará como presentadora Elvira Landín.

Inês, aquilo que nos une

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O cinemAteneo presenta o filme documental Inês, aquilo que nos une, de MJ Pérez.
A proxección terá lugar o mércores 27 de novembro, a partir das 19.30 horas, no Espazo Ateneo. Xunto con MJ Pérez estará Puri Silva, que actuará como presentadora.

Cidades inclusivas

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

Cidades inclusivas, Escala urbana e espazo público é o título da charla de Teresa Táboas que terá lugar o martes 3 de decembro na biblioteca da EMAO.

Club de lectura. Novembro

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O libro seleccionado polo Club de Lectura do Ateneo Atlático para ler ao longo do mes de novembro é O azul entre o ceo e a auga, da escritora palestina Susan Abulhawa. A xuntanza terá lugar o mércores 4 de decembro, ás 18.30 horas, no local do Ateneo.

Saber envellecer

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O Ateneo Atlántico presenta o acto Saber envellecer, Lonxevidade humana, da man de Miguel Ángel Vázquez e Cristina Villanueva. Terá lugar na biblioteca de EMAO o martes 10 de decembro a partir das 19.30 horas.

Merendola Feminista decembro

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O luns 16 de decembro reunímos de novo, arredor dunha merenda, para celebrar a última merendola feminista deste ano. Será a partir das 18.30 no local do Ateneo. Nesta ocasión conversaremos arredor da violencia obstétrica. Non esquezades traer algo para merendar!

Club lectura Jon Fosse

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O libro elixido polo Club de lectura para ler ao longo do mes de decembro é Trilogía, do premio Nobel danés Jon Fose. A xuntanza terá lugar o mércores 8 de xaneiro, a partir das 18.30 horas, no Espazo Ateneo.

Presentación. El tiempo es oro

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O martes 14 de xaneiro presentamos o último libro de Xosé Carlos Arias. Trátase de El tiempo es oro. Economía política del nanosegundo. Será na biblioteca da EMAO e, xunto co autor, estarán Domingo Docampo, Amada Traba e Alberto Gago. A hora, as 19.30