Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Sobre o poético e o político en José Saramago

18 Abril 2023 / 19:30 21:00

Dentro da programación de actos para conmemorar o centenario de José Saramago, o Ateneo Atlántico presenta a charla Sobre o poético e o político en José Saramago, da man de Burghard Baltrusch. Será o martes 18 de abril, ás 19.30 horas, no local do Ateneo (rúa Doutor Cadaval)

2023-04-18 JoseSaramago

O 22 de novembro de 1923 nacía José Saramago, no seo dunha familia de labregos sen terra, en Azinhaga (Ribatejo). Despois do Club de lectura dedicado a Todos os nomes, o Ateneo continúa coa súa particular homenaxe ao premio Nobel portugués cunha charla do profesor Burghard Baltrusch. O acto estará presentado por Félix Caballero.

En palabras do noso relator, “os grandes textos saramaguianos crean un poético-político e unha responsabilidade ética co base nunha ontoloxia da liberdade inserida nun contexto socio-histórico“, e suxire a necesaria revisitación de toda a súa obra “a partir da filosofia e da política“, para destacar que “a escrita de Saramago caracteríza por un poético-político non-lírico que excede á historia narrada ou ao libro publicado“.

Burghard Baltrusch é profesor de Literaturas Lusófonas e presidente da I Cátedra Internacional José Saramago na Universidad de Vigo. É investigador principal do grupo BiFeGa, onde desenvolve proxectos arredor das obras de Fernando Pessoa e José Saramago, a poesía actual e a teoría da traducción. Coordina o proxecto “Poesía actual e política” (POEPOLIT, FFI2016-77584-P), financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade. Foi presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos, coordinou diferentes programas de doutoramento e congresos internacionais.
Entre outros libros, publicou ou (co)editó: Bewußtsein und Erzählungen der Moderne im Werk Fernando Pessoas (Peter Lang, 1997), Kritisches Lexikon der Romanischen Gegenwartsliteraturen (5 vols., coed. con W.-D. Lange et al., G. Narr-Verlag, 1999), Non-Lyric Discourses in Contemporary Poetry (coed. com I. Lourido, Peter Lang, 2012), Lupe Gómez: libre e estranxeira – Estudos e traducións (Frank & Timme, 2013), “O que transformou o mundo é a necessidade e não a utopia” – Estudos sobre utopia e ficção em José Saramago (Frank & Timme, 2014).
Actualmente é docente da materia Literatura e cultura do segundo idioma estranxeiro: Portugués (Grao en Linguas Estranxieras) e de Xénero e literatura: Galicia e os países lusófonos (Grao en Ciencias da Linguaxe i Estudos Literarios).
(Texto da Ficha de Burghard Baltrusch na web da UVigo).

Félix Caballero é escritor e humorista; licenciado en Ciencias da Información (Periodismo) pola Universidad de Navarra, é Máster e Doutor en Investigación en Comunicación pola Universidad de Vigo. Trabajado como periodista en El Correo Gallego (Santiago), Riadevigo.com i España Exterior (Vigo).
É autor de dous libros de entrevistas sobre o humorismo gráfico como profesión: O humor en cadriños. Conversaciones con Siro, Xaquín Marín, Xosé Lois e Pepe Carreiro (2012) e O humor en cadriños 2. Conversas con Pinto & Chinto, Santy Gutiérrez, Davila, Leandro, Kiko da Silva e Meixide (2017). Así mesmo escribiu dous libros de pensamentos humorísticos, Pienso, luego embisto (2000) e Sólo sé que no sé nadar (2002), e un estudo sobre o humor galego co título de O humor galego alén da retranca (2012).

Espazo Ateneo

Doutor Cadaval 17
Vigo, Pontevedra 36202 Spain
+ Google Map
696 856 947
Ver a Páxina Web do Recinto