Do mito do crecemento ao decrecemento. 2

Facultade de Comercio Rúa do Conde de Torrecedeira, 105, Vigo, Galicia, Spain

Segundo acto do Ciclo Do mito do Crecemento ao Decrecemento que organiza o Ateneo Atlántico de Vigo, xunto coa Rede para o Decrecemento Eo-Navia, Galiza, O Bierzo, e a Universidade de Vigo (Post-Growth e Ecobas). Neste caso o título da actividade é Limitacións das enerxías alternativas e condicionamento do futuro industrial. Terá lugar no salón de actos da Facultade de Comercio da Universidade de Vigo (rúa Torrecedeira 105) en horario de 19 a 21 horas.

cinemAteneo Sesión dobre

Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, Spain

Nova sesión do cinemAteneo do Ateneo Atlántico con sesión dobre para conmemorar o 8 de marzo. Poderemos ver, e comentar, as películas A las mujeres de España (María Lejárraga) e a curtametraxe Matria, de Álvaro Gago.
Será o mércores 15 de marzo, ás 19.30 horas, nos Multicines Norte.

Seminario de Iniciación á fotografía

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O Ateneo Atlántico organiza un Seminario de Iniciación á fotografía dixital, centrado na Composición fotográfica. Terá lugar a partir do xoves 16 de marzo, en horario de 19 a 21.30 horas. Constará de catro sesións e as datas posterioress marcaranse por consenso entre as persoas participantes.

Presentación libro: Antía Otero

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O xoves 16 de marzo, ás 19.30, na biblioteca da EMAO, presentaremos o libro Barroco, de Antía Otero. Contaremos coa presenza da autora que conversará con Oriana Méndez. Porá a música Su Garrido.

Do mito do crecemento ao decrecemento. 3

Facultade de Comercio Rúa do Conde de Torrecedeira, 105, Vigo, Galicia, Spain

Terceira e definitiva actividade do Ciclo Do mito do Crecemento ao Decrecemento que organiza o Ateneo Atlántico de Vigo, xunto coa Rede para o Decrecemento Eo-Navia, Galiza, O Bierzo, e a Universidade de Vigo (Post-Growth e Ecobas).

Unha peli con, Fernando Franco

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

Río de sombras, de Daniel Domínguez, é a película seleccionada por Fernando Franco para compartir co Ateneo Atlántico. Será o vindeiro mércores 29 de marzo, ás 20 horas, no local do Ateneo na rúa Doutor Cadaval.

Presentación libro: Antonio García Teijeiro

Librería Librouro Rúa de Eduardo Iglesias, 12, Vigo, Galicia, Spain

O Ateneo Atlántico, xunto coa editorial Belagua e a librería Librouro comprácense en presentar o novo poemario de Antonio García Teijeiro. O acto terá lugar na librería Librouro o xoves 30 de marzo de 2023 ás 20 horas.

Presentación libro: Adrián Viéitez

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O martes 4 de abril de 2023, Adrián Viéitez presenta o seu poemario Alta escuela musical.
O acto terá lugar ás 19 horas, no local do Ateneo, e o autor estará acompañado de Víctor Soho.