Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Homenaxe a Xosé Manuel Beiras

25 Abril 2023 / 19:30 21:00

O martes 25 de abril o Ateneo Atlántico rende homenaxe a Xosé Manuel Beiras. O acto terá lugar ás 19.30 horas na biblioteca da EMAO. A asistencia será aberta previa solicitude por correo electrónico (ateneo@ateneoatlantico.gal) e a correspondente confirmación por parte da organización.

2023-04-25 Homenaxe XMBeiras

Beiras. Eduardo Galeano

A primera vista parece un león.
Y es.
Pero tiene la delicadeza del ciervo,
la paciencia del gato,
la lealtad del perro,
la solidaridad de las aves, que se ayudan en el vuelo,
el sentido del honor del toro de lidia, que se crece en el castigo,
y la inteligencia de los raros hombres que dan prestigio a la condición humana.
Gallego tenía que ser
(Eduardo Galeano)

Mesmo dende unha a admiración sen fronteiras e o cariño incondicional polo ser humano, pouco queda por dicir ou facer arredor de Xosé Manuel Beiras. Un galego, un home excepcional.

Para esta homenaxe o Ateneo Atlántico quere transcender a imaxe do político, economista e profesor para achegarse ao ser humano, ao galego e galeguista, o home do piano, o paciente, leal e delicado, ao ensaísta, tradutor i editor, o home solidario e con honor, tamén honorable.

No acto contaremos coa presenza de numerosos amigos e amigas de Beiras así como dalgunha que outra sorpresa.

O acceso será totalmente libre.

Biblioteca da EMAO

Rúa García Barbón 5
Vigo, Galicia 36209 Spain
+ Google Map