- This event has passed.
Club de lectura. Marzo
12 Abril 2023 / 18:30 – 20:00
O libro seleccionado polo Club de lectura para ler ao longo do mes de marzo (xuntanza 12 de abril), é O muiñeiro ouveador, do escritor finlandés Arto Paasilinna.
A trama está ambientada en Laponia despois da Segunda guerra mundial. O personaxe principal é Gunnar Huttunen, un muiñeiro que adoita ouvear polas noites, facendo ladrar aos cans, e que aínda que ás veces se comporta dun xeito louco, é un bo home traballador no seu muíño á beira do río Kemi, en Suukoski.
A maioría dos seus veciños comezan a pórse a mal con el pola súa forma de ser. Finalmente mándano para un manicomio, e cólleno cando se estaba empezando a namorar dunha veciña, Sanelma Käyrämö, unha asesora agrícola, e pintando o muíño de vermello. No hospital mental atopouse cun home san ingresado e que lle axudou a escapar de alí. Volve á aldea mais ten que andar de eremita no monte para que non o volvan meter no manicomio. (Texto da Galipedia)
O muiñeiro ouveador
Arto Paasilinna
Título orixinal, Ulvova mylläri
Ano de publicación 1981
Tradución ao galego, Tomás González Ahola, marzo 2019, Rinoceronte Editora
En 1982 foi levada ao cine por Jaakko Pakkasvirta
Ficha do libro na editorial