Presentación. El tiempo es oro
14 Xaneiro / 19:30 – 21:00
O martes 14 de xaneiro presentamos o último libro de Xosé Carlos Arias. Trátase de El tiempo es oro. Economía política del nanosegundo. Será na biblioteca da EMAO e, xunto co autor, estarán Domingo Docampo, Amada Traba e Alberto Gago. A hora, as 19.30
“Aínda que o aumento da velocidade foi sinal de identidade do capitalismo dende as súas orixes, foi nas últimas décadas cando acadou a súa máxima expresión. Pero non todo avanza e se transforma ao mesmo ritmo: vivimos nunha época de profunda desincronización, na que a economía -e sobre todo as finanzas, para as que falar dun nanosegundo xa non é unha esaxeración- evolucionan a ritmos moito máis intensos que outros ámbitos, como a política democrática (que tamén se acelera cada vez máis, pero sempre se queda atrás). Todo iso trae consigo consecuencias de primeira orde, moitas delas moi conflitivas. Este ensaio examina a presenza de personaxes como o curto prazo, a incerteza e o crecente malestar nun escenario no que todo avanza demasiado rápido”. (Da ficha do libro en TransForma Editores)