Medicina personalizada

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O Ateneo Atlántico prácese e hónrase en presentar este acto no que o científico Anxo Carracedo será o protagonista. Falará para nós sobre 'medicina personalizada' e os grandes proxectos xenómicos. Será o luns 4 de novembro, ás 19.30 horas na EMAO, e a presentación correrá a cargo da presidenta do Ateneo, Luísa Abad.

Presentación libro, A cantiga da burata

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O martes 5 de novembro, ás 19.30, o Ateneo Atlántico prácese en presentar o último libro de Miguel Anxo Murado que leva por título A cantiga da Burata. No acto, que terá lugar na biblioteca da EMAO, o autor conversará con Xabier Paz e Xesús Alonso Montero; a presentación correrá a cargo de Laura Caveiro.

Club de lectura. Novembro

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O libro elixido polo Club de lectura para ler ao longo do mes de outubro (xuntanza o 6 de novembro, ás 18.30 horas, no local do Ateneo), é Estado de Malestar, da escritora noruega Nina Lykke.

A profundidade esencial da terra

Marco Rúa do Príncipe, 54, Vigo, Galicia, Spain

Con motivo do centenario do Surrealismo, o Ateneo Atlántico organiza unha visita guiada á exposición "A profundidade esencial da terra. Benjamín Palencia, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos trinta", da man do comisario da exposición, Xosé Carlos L. Bernárdez. Será no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), ás 18.30 horas do xoves 7 de novembro.

Presentación libro, Albino Prada

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O martes 12 de novembro, ás 19.30 horas, e na biblioteca da EMAO, Albino Prada presenta con nós o seu último libro, Galicia, Un país desnortado e minguante, editado pola Universidade de Vigo. Estarán co autor Manuel V. Sola (periodista económico) e Jorge Luís Bueno (profesor universitario); a presentación do acto correrá a cargo de Luísa Abad.

cinemAteneo, No Other Land

Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, Spain

Xa estamos de volta coas actividades de Cinema. E queremos empezar cunha película que xira arredor da inxustiza de Palestina. Despois de moito buscar coidamos que ao final demos cun bo título No Other Land, un documental premiado en Berlín que será estrea en Vigo. A proxección terá lugar o mércores 13 de novembro, ás 19.30 horas, nos multicines Norte. Para este acto contamos coa colaboración dos propios cines Norte e de Filmin.

Presentación libro-disco Fremosas

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O Ateneo Atlántico prácese en presentar en Vigo o libro-disco Fremosas, de Barahúnda. No acto contaremos coa presenza de Helena de Alfonso e Jose Lara Gruñeiro (Barahúnda) que, ademais de presentar a súa obra interpretarán algunhas das cacións do disco.
Será o xoves 14 de novembro, ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO.

A sanidade que non ama as mulleres

Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, Spain

Para conmemorar o 25N este ano sentámonos para conversar arredor dun tema tan suxerente como "A sanidade que non ama as mulleres". Será o martes 19 de novembro, a partir das 19.30 horas, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2). No acto participarán Carme Adán (Directora do Centro de Documentación en igualdade e feminismo do Consello da Cultura Galega), Sabela Landín (Presidenta da Asociación de afectados do Essure de Galicia) e Chis Oliveira (Doutora en Educación afectivo-sexual).