Presentación libro. Xaime Toxo

Libraría Versus Venezuela 80, Vigo, Galicia, Spain

O Ateneo Atlántico organiza a presentación da novela 70º Norte, de Xaime Toxo, publicada por Editorial Galaxia. O acto terá lugar o mércores 15 de novembro, ás 20 horas, na libraría Versus. O autor estará acompañador por Manolo Bragado e Marcos Calveiro.

Presentación libro: Nones Araújo

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O Ateneo Atlántico ten o pracer e o orgullo de presentar a última novela da nosa socia e amiga Nones Araújo. Tratase da novela 'A madriña', que foi galardonada co premio Alén do Concello de Ares e a Editorial Hércules. No acto, que terá lugar o xoves 16 de novembro, ás 19.30 na biblioteca da EMAO, a autora estará acompañada por Enrique León e a editora, Laura Rodríguez.

Pressentación libro: Chisco Fdez Naval

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

Ser cetáceo é o título do último libro de Francisco X. Fernández Naval, libro que presentará con nós o luns 20 de novembro, ás 19.30 horas na biblioteca da EMAO. No acto, o autor estará acompañado de Chis Oliveira e Antonio García Teijeiro.

Elvira Landín

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O Ateneo Atlántico quere sumarse aos actos de recoñecemento a Elvira Landín pola súa traxectoria en prol da defensa xurídica dos dereitos laborais das traballadoras e traballadores, iniciada en tempos do franquismo. O acto de nomeamento como Socia de Honra do Ateneo terá lugar o mércores 22 de novembro, ás 19 horas, na biblioteca da EMAO.

Coidando a democracia

Sede Zona Franca Areal 46, Vigo, Galicia, Spain

O Ateneo Atlántico ten o pracer de presentar a Manuela Carmena que vai conversar con nós sobre 'coidar a democracia'. O acto terá lugar o xoves 23 de novembro, ás 19.30 horas, no auditorio da sede de Zona Franca (rúa Oporto 3). Carmena estará acompañada por Teresa Conde-Pumpido e Luísa Abad, Presidenta do Ateneo, que actuará como presentadora.
A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

A pegada de Pedro Madruga en Cristóbal Colón

Organizado pola Comisión de Pensamento e Debate do Ateneo Atlántico, o próximo martes 28 de novembro Ángel Carracelas compartirá con nós os resultados das súas investigacións arredor da galegidade de Cristóbal Colón e a máis que probable relación con Pedro Madruga. O acto terá lugar no martes 28 de novembro, ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO. A presentación correrá a cargo de Teresa Conde Pumpido.

Presentación libro: Camino de inclusión

Sede Zona Franca Areal 46, Vigo, Galicia, Spain

O libro que hoxe presentamos, 'Camino de la inclusión', é un proxecto colectivo editado coa intención de axudar, acompañar e diminuír o medo das persoas que padecen un TDAH, aos seus familiares e ao profesorado. Será o mércores 29 de novembro, ás 19 horas, no auditorio da Zona Franca (entrada por rúa Oporto 3). Estarán presentes as autoras, presentadas por Manuela del Palacio, presidenta do Colexio de Psicoloxía.

cinemAteneo: Las vencidas y no derrotadas

Sede Zona Franca Areal 46, Vigo, Galicia, Spain

Memoria oculta do franquismo. Mentres haxa vontade de loitar, haberá esperanza de vencer. O 30 de novembro, en colaboración con Amnistía Internacional, presentamos o documental Las vencidas y no derrotadas. Será ás 19 horas no auditorio da sede da ONCE en Vigo (Gran Vía 16) e contaremos coa presenza da directora, Mau Cardoso.