- Este evento pasou.
Presentación libro: Camino de inclusión
29 Novembro 2023 / 19:00 – 21:00
O libro que hoxe presentamos, ‘Camino de la inclusión’, é un proxecto colectivo editado coa intención de axudar, acompañar e diminuír o medo das persoas que padecen un TDAH, aos seus familiares e ao profesorado. Será o mércores 29 de novembro, ás 19 horas, no auditorio da Zona Franca (entrada por rúa Oporto 3). Estarán presentes as autoras, presentadas por Manuela del Palacio, presidenta do Colexio de Psicoloxía.
O libro está editado por Pilar Castiñeira, da asociación ANHIDA Coruña (Asociación de nenos con déficit de atención con/sen hiperactividade).
Os textos foron redatados polo equipo de edición de ANHIDA.
Os contidos psicopedagóxicos corresponden a Luísa Abad, Elena Pardo e Berta Pérez, as tres psicopedagogas, e mentres Luísa e Berta traballan en departamentos de orientación de institutos, Elena é profesora asociada da Universidade de A Coruña.
As catro, Pilar, Luísa, Elena e Berta estarán presentes no acto e serán presentadas por Manuela del Palacio, presidenta do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Está escrito en rexistros variados: as nais de María e Pedro (nomes de ficción) falan a través dos seus relatos; os profesionais introducen os últimos estudos científicos sobre o trastorno, abórdanse os cambios lexislativos que se veñen producindo nos últimos anos no país en materia de atención á diversidade, e todo iso ilustrado con “pequeniños anacos de vida”.
O título do libro ‘Camiño da inclusión’ é unha referencia explícita xa que, como noutros moitos casos de atención á diversidade, nos últimos anos avanzamos cara á inclusión en todos os ámbitos, aínda que este camiño non chegou ao seu fin, aínda temos un longo camiño por percorrer.
O proxecto é froito do esforzo da Asociación ANHIDACORUÑA e especialmente da súa xunta directiva e de varios profesionais do ensino. Contén moitos momentos da súa historia, as dificultades que aparecen a diario e os recursos empregados para poder afrontalas e superalas con éxito.
Pretende demostrar que nada é imposible se unimos as nosas vontades e que con esforzo e tesón podemos acadar o noso obxectivo. Cando nenos, profesionais e familiares empurran na mesma dirección, superan todos os obstáculos que se interpoñen. Sabendo isto, poderemos achegarnos ao que nos queda con serenidade e optimismo.
Neste enlace á web de ANHIDACORUÑA podedes consultar e descargar o libro completo.