Cargando eventos

« Todos os eventos

A sanidade que non ama as mulleres

19 Novembro / 19:30 21:00

Para conmemorar o 25N este ano sentámonos para conversar arredor dun tema tan suxerente como “A sanidade que non ama as mulleres”. Será o martes 19 de novembro, a partir das 19.30 horas, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2). No acto participarán Carme Adán (Directora do Centro de Documentación en igualdade e feminismo do Consello da Cultura Galega), Sabela Landín (Presidenta da Asociación de afectados do Essure de Galicia) e Chis Oliveira (Doutora en Educación afectivo-sexual).

2024-11-19 Sanidade Mulleres

No Ateneo Atlántico propoñemos un debate sobre o nesgo de xénero na investigación científica e, nomeadamente, na medicina, que considera a masculina como única medida de diagnóstico, de análise e de tratamento, fixando ideas erróneas, discriminatorias e perigosas para a saúde das mulleres.

O caso do anticonceptivo “Essure” (Bayer) deixa un elevado número de vítimas rexistradas no noso país con eivas definitivas e limitantes para as súas vidas. Na medicina específica para as mulleres danse casos de violencia obstétrica sen verdadeira xustificación médica ou o subministro de medicación innecesaria.

Carme Adán Villamarín. Consello da Cultura Galega

Doutora en Filosofía, ensaísta e política galega. Presidiu a Aula Castelao de Filosofía desde 1997 até 2005. Durante os anos 2005-2009 desempeñou o cargo de secretaria xeral da Igualdade no Goberno galego e entre 2007-2009 foi presidenta da Unidade Muller e Ciencia de Galicia. Durante a VIII e IX Lexislatura foi deputada no Parlamento galego polo BNG. Publicou Feminismo e coñecemento (Espiral Maior, 2003), traducida ao castelán en Espiral Maior (2006), e en 2011 recompilou en Cartografías do derrubo dous anos de actividade periodística na sección de opinión de Xornal de Galicia.
As súas publicacións máis recentes son: “Cyborg”, en Barbarismos queer e outras esdrújulas (Edicións Bellaterra, 2017), “Conceptualizar la violencia contra las mujeres: ¿una reflexión epistemológica pendiente?”, na Revista Andaluza de Antropología (2018) e “Conceptos y violencias: espacios para el debates sobre la violencia obstétrica”, en Violencia obstétrica (Tecnos, 2018). En novembro de 2018 publicou Feminicidio. Unha nova orde patrialcal en tempos de submisión na editorial Galaxia, reimpreso en xaneiro de 2019 e en breve será publicado en castelán por Edicións Bellaterra. Na actualidade exerce como catedrática de Filosofía no IES Politécnico de Vigo.


Mª Sabela Landín Estévez. Presidenta da Asociación de afectadas do Essure de Galicia

Nacida en Vigo, na parroquia de Lavadores, nunha familia traballadora coñecida por parte materna co alcume “Dos Bravos”, oriúnda de Naia. Estudante de Informática, graduada no ano 1993, e adicada ao Análise informático, así como a docencia e actualización informática do mundo empresarial dende o ano 1997. Traballa como programadora e técnica especialista até o ano 2006, onde adicase aparte de informática a fiscalidade e contabilidade nunha internacional do sector da hosteleria e lavanderia. Dende o ano 2012, cambia a tributación realizando as campañas dos impostos no mundo sindical, para rematar dende o ano 2019 como responsable de diferentes sectores no ámbito educativo, orientados a colectivos vulnerables.
Nai, e implantada no ano 2012 do dispositivo Essure, sufre dende aquela os efectos secundarios do devandito implante metálico. No ano 2017 descubre a moitas mulleres afectadas como ela polo mesmo dispositivo da farmacéutica Bayer, polo que decide xunto a Eva Losada Rodríguez, unha das súas colegas fundar a Asociación de Afectadas do Essure de Galicia, en Outubro do 2018.
Levaban dende o mes de marzo de aquel 2018 procurando o amparo das institucións. Dende o ano 2015 foi concelleira no Porriño, do grupo mixto, polo que dada esta condición preparou unha moción para a consecución dun protocolo en defensa das mulleres afectadas por este dispositivo. Levouse a comisión de sanidade no Parlamento de Galicia, onde foi recollida a moción, e chamando a atención dende a Consellería de Sanidade. Despois de múltiples xuntanza, se aproba o protocolo de extracción segura do Essure no 27 de Novembro do 2018, cando Sabela xunto a outras mulleres acude a RTVE no informativo territorial para demandar a pouca ou nula atención dende o servicio Xeral da Consellería de Sanidade. Un avance significativo, pero incumprido a día de hoxe.
Sigue atendendo as mulleres afectadas, procurando a súa atención, con numerosas queixas por medios oficiais, e xurídicos, procurando a recuperación e a saúde das afectadas a nivel autonómico, e estatal.
Dende o mes de maio do 2023 está de Baixa polas secuelas producidas polo dispositivo Essure, polo que adicase a estudar Dereito na UOC, a investigación do dano do Essure, e a terapias para as mulleres.
Hoxe falará do resultado de 6 anos de investigación sobre o dano e a violenza obstétrica sufrida nestas 1600 galegas.

Casa Galega da Cultura

Praza da Princesa, 2
Vigo, Galiza 36202 Spain
+ Google Map
986 226 459