Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Presentación libro-disco Fremosas

14 Novembro / 19:30 21:00

O Ateneo Atlántico prácese en presentar en Vigo o libro-disco Fremosas, de Barahúnda. No acto contaremos coa presenza de Helena de Alfonso e Jose Lara Gruñeiro (Barahúnda) que, ademais de presentar a súa obra interpretarán algunhas das cacións do disco.
Será o xoves 14 de novembro, ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO.

2024-11-14 Presentción Fremosas
2024-11-14 Presentción Fremosas

Fremosas” é o novo traballo de Barahúnda. Sendo o quinto da nosa carreira, e o primeiro ao que non podemos chamar «disco» xa que este non existe fisicamente como tal, senón como un artefacto musical, literario e divulgativo.
Fremosas é algo máis que un libro que contén un disco. É o resultado de miles de horas de traballo, dúbidas e incertezas motivadas por unha pandemia que o condicionou todo e que se plasman finalmente nun libro (publicado por Editorial Toxosoutos) que á súa vez contén unha colección de 12 cantigas galego-portuguesas musicadas por nós e accesibles a través de senllos códigos Qr.
Pero é sobre todo o froito do amor á música, á poesía, á Historia e ás historias: as nosas, as de calquera de nós, pasadas ou coetáneas que tanto se parecen. A nosa intención foi, desde o principio, a divulgación. Dar a coñecer este tesouro que é a tradición cultural dos pobos. Desde a máis popular ata a dunha cantiga de amigo do século XIII, recollida nunha biblioteca e é, tamén, unha reflexión sobre a pegada feminina na lírica medieval.

O noso desexo é o de que un público non especializado descubra o seu legado -no caso que nos ocupa fermosos versos de setecentos ou oitocentos anos de antigüidade que un día foron cancións- aínda non sendo asiduos dos grandes auditorios ou dos ciclos de concertos de música antiga (algo que, doutra banda, recomendamos sinceramente). Repito: O seu legado, o de todas nós. A herdanza cultural que nos corresponde en canto humanos.

En Fremosas convidamos a escribir acerca de todo isto a un conxunto de especialistas: historiadoras, poetas, musicólogos, artistas etc. (Aurora Marco, Domingos Morais, José Luís do Pico Orjais, Txema Mawenya, José Luis Sanz García-Ochoa e Xesús Santos) que uniron os seus textos cos nosos –Helena de Alfonso e Jose Lara Gruñeiro– e coas cantigas que levamos musicando desde 1998 ata a actualidade.
Pero Fremosas é primeiro de nada: MÚSICA. CANCIÓNS.

Como álbum, foi composto, arranxado e gravado por nós, no noso estudo Abuin Road * entre a primavera de 2020 e finais de 2022. Exceptuando: As percusións, que foron gravadas por Txema Mawenya no seu estudo de Asturias, Ca’Mawenya, por mor do pasado confinamento; un rajão de José Luís do Pico Orjais que, polo mesmo motivo gravou na súa casa; unha das viólas da gamba de Xurxo Varela, gravada en O Porto e o piano de Margarita Viso Soto que gravamos no Auditorio de Rianxo. Todas estas partes foron mesturadas e masterizadas posteriormente por nós en Abuin Road.
Fremosas (o Álbum) habita na páxina web que creou Nacho de Alfonso no seu estudo de Pontevedra.


*As percusións de Que leda, O anel do meu amigo e Triste and’eu velida foron gravadas anteriormente na Pousada dá Galiza Imaxinaria de Boiro por Ángel Ramallo, así como o baixo eléctrico de Que leda, que gravou no seu momento José Luis Sanz en Madrid. Todo iso foi remezclado e remasterizado para este traballo por nós.

Helena de Alfonso e Jose Lara Gruñeiro, Barahúnda

Biblioteca da EMAO

Rúa García Barbón 5
Vigo, Galicia 36209 Spain
+ Google Map