Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Presentación libro, Albino Prada

12 Novembro / 19:30 21:00

O martes 12 de novembro, ás 19.30 horas, e na biblioteca da EMAO, Albino Prada presenta con nós o seu último libro, Galicia, Un país desnortado e minguante, editado pola Universidade de Vigo. Estarán co autor Manuel V. Sola (periodista económico) e Jorge Luís Bueno (profesor universitario); a presentación do acto correrá a cargo de Luísa Abad.

2024-11-12 Presenta Albino Prada

Albino Prada é doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1991, profesor de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, foi membro do Consello Galego de Estatística, do Consello Económico e Social de Galicia e do Consello da Cultura Galega. Editor dos Documentos do Foro Económico de Galicia (2014-2018). Entre 2006-2018 foi columnista habitual de La Voz de Galicia; colabora en medios como Luzes, Sin Permiso, Nós Diario ou Tempos Novos. É membro do Consello Científico de Attac España.

Manuel Váquez Sola (Vigo, 1963) é director da axencia e consultora de comunicación Punto GA Comunicación. Entre 1986-2008 traballou como xornalista en Radio Noroeste, Radio España, Atlántico Diario, Xornal Diario (xefe da sección de Local Pontevedra), Diario 16 (sección de Economía), La Voz de Galicia (delegado en Vigo e corresndende de Economía) e El País (redactor de Economía). Especialidade en xornalismo económico. Autor do libro El triángulo gallego (1997), membro da directiva de Dircom Galicia,  fundador do extinguido Sindicato da Información de Galicia en 1992 e vicedecano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (2006-8). Dende finais de 2008 adícase á comunicación corporativa de empresas e institucións. Foi director de Comunicación de Caixa Galicia, de Novacaixagalicia, de Evo Banco e de Novagalicia Banco. 

Jorge Luis Bueno é licenciado en Filoloxía Inglesa na Universidade de Oviedo, comezou traballando nela ata mudarse a Vigo. É profesor de Inglés medio e Inglés antigo na Universidade de Vigo, e a súa especialidade é a literatura inglesa medieval e do Renacemento.

Galicia: Un país desnortado e minguante

Galicia entre 1990 e 2020 non se moveu dos dous millóns setecentos mil habitantes, cando tería que ter chegado aos tres millóns de seguir a tendencia media europea. A nosa poboación entre 16 e 34 anos pasou de 750.000 mozas e mozos en 2002 a 470.000 en 2023, unha caída que vai camiño da metade en vinte anos, mentres no conxunto do Reino de España ese colectivo é mesmo estable.
Velaí dous síntomas de que vivimos nun país minguante. Síntomas de que na produción de riqueza, no emprego ou nas rendas da maior parte da poboación transitamos por baixo das sociedade da nosa contorna española ou europea. E todo isto sucede por causa de andar desnortados. Porque en recursos naturais, en potencial laboral, en sectores concretos demostramos que de non atopar obstáculos temos recursos para reverter aquela situación.
Neste ensaio revísanse moitos deses obstáculos ( de infraestructuras, institucionais, financeiros, tecnolóxicos, ambientais de capital e benestar sociai…) e propóñense alternativas para definir unha folla de ruta cun norte preciso: favorecer un maior desenvolvemento soical e deixar de ser un país minguante
“.

Biblioteca da EMAO

Rúa García Barbón 5
Vigo, Galicia 36209 Spain
+ Google Map