Club de lectura. Novembro
O libro elixido polo Club de lectura para ler ao longo do mes de outubro (xuntanza o 6 de novembro, ás 18.30 horas, no local do Ateneo), é Estado de Malestar, da escritora noruega Nina Lykke.
O libro elixido polo Club de lectura para ler ao longo do mes de outubro (xuntanza o 6 de novembro, ás 18.30 horas, no local do Ateneo), é Estado de Malestar, da escritora noruega Nina Lykke.
Con motivo do centenario do Surrealismo, o Ateneo Atlántico organiza unha visita guiada á exposición "A profundidade esencial da terra. Benjamín Palencia, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos trinta", da man do comisario da exposición, Xosé Carlos L. Bernárdez. Será no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), ás 18.30 horas do xoves 7 de novembro.
O martes 12 de novembro, ás 19.30 horas, e na biblioteca da EMAO, Albino Prada presenta con nós o seu último libro, Galicia, Un país desnortado e minguante, editado pola Universidade de Vigo. Estarán co autor Manuel V. Sola (periodista económico) e Jorge Luís Bueno (profesor universitario); a presentación do acto correrá a cargo de Luísa Abad.
Xa estamos de volta coas actividades de Cinema. E queremos empezar cunha película que xira arredor da inxustiza de Palestina. Despois de moito buscar coidamos que ao final demos cun bo título No Other Land, un documental premiado en Berlín que será estrea en Vigo. A proxección terá lugar o mércores 13 de novembro, ás 19.30 horas, nos multicines Norte. Para este acto contamos coa colaboración dos propios cines Norte e de Filmin.
O Ateneo Atlántico prácese en presentar en Vigo o libro-disco Fremosas, de Barahúnda. No acto contaremos coa presenza de Helena de Alfonso e Jose Lara Gruñeiro (Barahúnda) que, ademais de presentar a súa obra interpretarán algunhas das cacións do disco.
Será o xoves 14 de novembro, ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO.
Para conmemorar o 25N este ano sentámonos para conversar arredor dun tema tan suxerente como "A sanidade que non ama as mulleres". Será o martes 19 de novembro, a partir das 19.30 horas, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2). No acto participarán Carme Adán (Directora do Centro de Documentación en igualdade e feminismo do Consello da Cultura Galega), Sabela Landín (Presidenta da Asociación de afectados do Essure de Galicia) e Chis Oliveira (Doutora en Educación afectivo-sexual).
O martes 26 de novembro, o Ateneo Atlántico prácese en presentar o filme documental Dónde vamos a vivir, Mujeres contra el deshaucio, de Georgina Cisquella. No acto, terá lugar a partir das 19 horas na biblioteca da EMAO, e ademais da directora, participará Amaia Vilas (Provivienda); actuará como presentadora Elvira Landín.
O cinemAteneo presenta o filme documental Inês, aquilo que nos une, de MJ Pérez.
A proxección terá lugar o mércores 27 de novembro, a partir das 19.30 horas, no Espazo Ateneo. Xunto con MJ Pérez estará Puri Silva, que actuará como presentadora.