Presentación libro Serafín Parcero

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O martes 8 de outubro, ás 19.30 horas presentamos o libro As tres vidas e as catro mortes de Roberto Seoane (Medulia Editorial), de Serafín Parcero. Será na biblioteca da EMAO e ao longo do acto, o autor, Serafín Parcero, dialogará con Xulio Abalde.

O tesouro da toponimia galega

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O martes 15 de outubro, na biblioteca da EMAO, a partir das 19.30 horas, Gonzalo Navaza falará con nós sobre toponimia galega. O acto será presentado por X. Carlos L. Bernárdez.

O impacto do proxecto Altri

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O Ateneo Atlántico, en colaboración coa Plataforma para a defensa da ría de Arousa, a Plataforma Ulloa Viva, e Verdegaia, organiza un acto informativo sobre as consecuencias medioambientais da construción dunha megafactoría na serra de Caerón, en Lugo, por parte da empresa Altri.

Presentación libro: Blues da Florida

Casa do Libro Rúa Velázquez Moreno, 27, Vigo, Pontevedra, Spain

O vindeiro 17 de outubro, xoves, o o noso amigo e asociado José G. Barral (Chiño), presenta con nós o seu último libro. Leva por título Blues da Florida, e no acto estará acompañado por Fernando Franco. A presentación terá lugar na Casa do Libro (rúa Velázquez Moreno) a partir das 19.30 horas.

O dereito á sanidade

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

Mesa redonda arredor do deterioro da sanidade pública en Galicia e proxección do documental "DEP Destruír era o plan". Martes 22 de outubro, na EMAO, a partir das 19.30.

A última dorna de Ons

Museo do Mar Avenida de Atlántida 160, Vigo, Spain

O Ateneo Atlántico comprácese en anunciar o acto de presentación do documental A última dorna de Ons, de Anxo Cabada e Antón Davila. O acto terá lugar no Museo do Mar de Galicia (Avenida de Atlántida 160) ás 19.30 horas do mércores 23 de outubro. Estarán presentes os dous autores que serán presentados por Xosé Carlos L. Bernárdez.

Saída polo Ribeiro

O vindeiro sábado 26 de outubro inauguramos as saídas deste curso 2024-25. Faremos un percorrido polo Ribeiro visitando o Castro de San Cibrao e a adega Cuñas Davia; despois da comida tradicional remataremos o día cunha visita ao Pazo de Trasalba.

Merendola feminista

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

A comisión de igualdade do Ateneo Atlántico invítanos a unha nova edición das súas merendolas feministas. Trátase, simplemente, de xuntármonos para falar dun tema que nos afecte directamente arredor dunha merenda que nós mesmas traemos. Despois de falar longo e tendido sobre Sexualidade feminina nas tres xuntanzas anteriores, nesta ocasión cómpre poñer enriba da mesa o tema das agresións sexuais.