- This event has passed.
O dereito á sanidade
22 Outubro / 19:00 – 21:00
Mesa redonda arredor do deterioro da sanidade pública en Galicia e proxección do documental “DEP Destruír era o plan”. Martes 22 de outubro, na EMAO, a partir das 19.30.
O Ateneo Atlántico, en colaboración con SOS Sanidade Pública organiza este acto para salientar o proceso de deterioro da sanidade pública en Galicia.
No acto participa Isa Rey, realizadora do documental DEP, Manuel Martín, voceiro en Galicia de SOS Sanidade, Manuel G. Moreiras, voceiro en Vigo de SOS Sanidade, e Jesús Araújo, médico na área sanitaria de Vigo. Presenta o acto Teresa Conde-Pumpido.
No acto proxectaremos o documental “DEP. Destruír era o plan”; impulsado por SOS Sanidade Pública, fai unha radiografía da situación da sanidade na Galiza a través do relato dunha multiplicidade de voces, desde profesionais sanitarios a usuarios, pasando por xornalistas. Algúns dos participantes no documental son médicos, como Iria Fernández, Alicia Barreiro ou Xoán Casas; políticos como Ana Pontón, Valentín González Formoso ou Montse Prado; usuarias, Xosé María Dios e Manuel Martín; voceiros de SOS Sanidade; e tamén xornalistas como María Obelleiro.