• cinemAteneo: Las vencidas y no derrotadas

    Sede Zona Franca Areal 46, Vigo, Galicia, Spain

    Memoria oculta do franquismo. Mentres haxa vontade de loitar, haberá esperanza de vencer. O 30 de novembro, en colaboración con Amnistía Internacional, presentamos o documental Las vencidas y no derrotadas. Será ás 19 horas no auditorio da sede da ONCE en Vigo (Gran Vía 16) e contaremos coa presenza da directora, Mau Cardoso.

  • Presentación libro: Albino Prada

    Sede Zona Franca Areal 46, Vigo, Galicia, Spain

    O 30 de novembro, Albino Prada presenta para nós o seu último libro Sociedade de mercado ou sociedade decente? No acto estará acompañado pola prologuista do libro, Yolanda Díaz, a día de hoxe, vicepresidenta do goberno de España. Contaremos, tamén, con Jorge Luís Bueno Alonso e con Emilio Fernández Zunzunegui que presentará o acto. Será o xoves 30 de novembro, ás 19.30 horas, no auditorio da sede de Zona Franca en Vigo (antigo rectorado, entrada por rúa Oporto 3).

  • O conflito entre Israel e Palestina

    Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

    O martes 12 de decembro estará con nós Javier Couso, (ex) Vicepresidente da Comisión de Asuntos Exteriores do Parlamento Europeo. Desde o seu punto de vista privilexiado falara arredor do conflito entre Israel e Palestina e, sobre todo, das repercusións na xeoestratexia de Oriente Medio. Será ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO.

  • Club de lectura. Decembro

    Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

    O libro elixido para a sesión de decembro do Club de lectura do Ateneo Atlántico é As mellores tendas de Madrid, de Manuel Veiga Taboada. A xuntanza para comentar o libro terá lugar o mércores 13 de decembro, ás 18.30 horas, no local do Ateneo.

  • Visita guiada á exposición Vigo no tempo

    Sede A Fundación Vigo Policarpo Sanz 24-26, Vigo, Galicia, Spain

    O Ateneo Atlántico, en colaboración con Afundación, organizadora da exposición, propón unha visita guiada a Vigo no tempo. Terá lugar o xoves 14 de decembro, a partir das 18 horas, no local da exposición (Sede A Fundación, Policarpo Sanz 24. A visita será con solicitude e confirmación previas a través do enderezo electrónico actividades@ateneoatlantico.gal

  • Club lectura. Xaneiro

    Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

    O mércores 17 de xaneiro teremos a xuntanza mensual do Club de lectura do Ateneo Atlántico. Neste caso comentaremos o poemario Materia. Na sesión, aberta ao público xeral, participará a autora, Yolanda Castaño, que lerá para nós algúns dos seus poemas. O acto comezará ás 19.30 horas na biblioteca da EMAO.

  • O carballo de Padroso

    Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

    Presentación do libro colectivo homenaxe a O carballo de Padroso. Terá lugar na biblioteca da EMAO o martes 23 de xaneiro ás 19.30 horas. Contaremos coa presenza de Bieito Ledo e Xesús Alonso Montero. A achega musical correrá a cargo de Carmen Pením e Maurizio Polsinelli, e os escritores Secundino Diz, Antonio Díaz Pedreira e Stella Maris González Balbuena lerán os seus poemas.

  • De aquelas loitas, estes dereitos (2)

    Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

    Segunda entrega desta actividade, De aquelas loitas, estes dereitos: claves do movemento feminista, no que Cristina Louzán e Priscila Retamozo conversan sobre os fitos fundamentais da historia do movemento feminista, pasos que resultaron fundamentais para avanzar cara á situación actual de recoñecemento de dereitos das mulleres dentro da sociedade.