- This event has passed.
De aquelas loitas, estes dereitos (2)
30 Xaneiro / 19:30 – 21:00
Claves do movemento feminista
Segunda entrega desta actividade, De aquelas loitas, estes dereitos: claves do movemento feminista, no que Cristina Louzán e Priscila Retamozo conversan sobre os fitos fundamentais da historia do movemento feminista, pasos que resultaron fundamentais para avanzar cara á situación actual de recoñecemento de dereitos das mulleres dentro da sociedade.
Priscila Retamozo
Politóloga, Máster en Igualdad de Género en la Universidad de Málaga. Coordinadora del proyecto coeducativo Comando Igualdad. Estancia en 2018 en la Secretaría Técnica contra la violencia de género en ONU mujeres- Ecuador. Coautora, junto a Chis Oliveira, del libro “Comando Igualdade: A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas!” y “La revolución feminista en las aulas”. Consultora, ponente y formadora en igualdad de profesorado, alumnado y familias. Presentadora del programa Histérikas Histórikas. Galardonada con el Premio Emilia Pardo Bazán en la categoría Feminismo en 2022. Activista feminista. O acto terá lugar o martes 30 de maio, ás 19.30 horas, na biblioteca da Emao.
Cristina Louzán
Graduada en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo no 2014 e máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible, traballou durante 5 anos en consultoría estratéxica para o desenvolvemento económico costeiro, tanto a nivel local como en cooperación internacional. Entre outras tarefas, participou en proxectos dende unha perspectiva de xénero, apoiando consultas e grupos de traballo para coñecer as situacións e necesidades específicas das mulleres.
Nesta liña, no ano 2021 complementou os seus estudos cun posgrao de Axente de Igualdade pola UNED e especializouse en historia do movemento e teoría feminista coa Universidade de Coruña. Actualmente, é formadora en igualdade e teoría feminista dirixida á comunidade educativa e á cidadanía a través dos CIM, Concellos e Deputación. Tamén realiza asesoramentos a profesionais e entidades para a aplicación da perspectiva de xénero en diferentes proxectos.
Dende 2020 pertence e colabora coa comunidade “Ensaia” que pon en marcha acompañamentos, mentorías e o outorgamento dunha bolsa económica anual á mocidade co o obxectivo de promover o talento galego mediante o impulso das súas traxectorias profesionais.