- This event has passed.
O conflito entre Israel e Palestina
12 Decembro 2023 / 19:30 – 21:00
Repercusións na xeoestraxia de Oriente Medio
O martes 12 de decembro estará con nós Javier Couso, (ex) Vicepresidente da Comisión de Asuntos Exteriores do Parlamento Europeo. Desde o seu punto de vista privilexiado falara arredor do conflito entre Israel e Palestina e, sobre todo, das repercusións na xeoestratexia de Oriente Medio. Será ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO.
Javier Couso Permuy
Ferrol, 8 de novembro de 1968.
É técnico de son cinematográfico pola Escola de RTVE e diplomado en xornalismo audiovisual polo Instituto Internacional de Xornalismo José Martí da Habana. Ao longo da súa traxectoria profesional traballou como xornalista, produtor, cámara, director audiovisual, editor, mensaxeiro, músico e libreiro.
No tocante ao seu desempeño institucional, ao longo da súa carreira como eurodiputado (2014-2019) foi vicepresidente da Comisión de Asuntos Exteriores, vicepresidente da delegación parlamentaria con Iraq, membro da Comisión de Seguridade e Defensa e da Asemblea Parlamentaria da OTAN, ademais de formar parte da Comisión Especial de Terrorismo da cámara. Foi portavoz do grupo de apoio ao proceso de paz en Siria e vicepresidente do grupo parlamentario de amizade con Cuba.
Publicou os libros ‘En pie de calle’ (Akal 2020), unha análise da realidade europea e española tras a súa experiencia parlamentaria no seo da Unión Europea; e ‘Russofobia. A propaganda antirrusa ao servizo da guerra’ (Achegando á Cultura 2023).