• Roteiro Entre esculturas

    O Ateneo Atlántico, cona fundación Xoán Piñeiro e o Instituto de Estudos Vigueses organiza o primeiro roteiro dun ciclo de saídas para coñecer a esculura pública da cidade de Vigo. O xoves 25 de maio será arredor da praza de América. Inscrición previa.

  • Saída de primavera. Rosalía

    O Ateneo Atlántico organiza a súa saída de primavera, nesta ocasión, Polos camiños de Rosalía. Terá lugar o sábado 27 de maio, entre as 9 e as 21 horas. O prezo será de 50€ para as persoas asociadas e de 60€ para os que non socios. A solicitude de participación haberá que realizala mandando un correo a actividades@ateneoatlantico.gal

  • De aquelas loitas, estes dereitos

    Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

    Nesta actividade, De aquelas loitas, estes dereitos: claves do movemento feminista, Cristina Louzán e Priscila Retamozo conversan sobre os fitos fundamentais da historia do movemento feminista, pasos que resultaron fundamentais para avanzar cara á situación actual de recoñecemento de dereitos das mulleres dentro da sociedade. O acto terá lugar o martes 30 de maio, ás 19.30 horas, na biblioteca da Emao.

  • Seminario fotografía. O retrato

    Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

    O Seminario de fotografía do Ateneo Atlántico, nas súas Sesións abertas, presenta a lección 'O retrato fotográfico', impartida por Anxo Cabada. Será o xoves 1 de xuño de 2023, ás 20 horas, no local do Ateneo (Doutor Cadaval 17, Vigo). A entrada será libre ata completar o aforo.

  • Club de lectura. Maio

    Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

    O libro seleccionado polo Club de Lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de maio (xuntanza o 7 de xuño) é unha banda deseñada: Ardalén, de Miguelanxo Prado.

  • Exeria. Entrega de premios

    Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

    O Ateneo Atlántico de Vigo, xunto coa Fundación Xoán Piñeiro e os patrocinadores, Terras Gauda e Grupo Eduardo Vieira, prácense en organizar o acto de entrega de premios da terceira edición do certame Exeria de relatos curtos. Terá lugar o martes 13 de xuño de 2023, ás 19 horas, na biblioteca da EMAO. Haberá actuación musical, lectura dos relatos premiados, intervención da presidenta do Ateneo e do presidente do Xurado, e un viño galego de confraternización. A entrada será libre até completar o aforo.

  • Visita guiada. Ruth Lodeiro

    apo'strophe Praza Francisco Fernández del Riego, Vigo, Galicia, Spain

    O Ateneo Atlántico e a Asociación Amiga do Marco organizan unha visita guiada á exposición Fogar, o meu fogar, da escultora Cuqui Piñeiro. A actividade, guiada pola propia artista, terá lugar o mércores 21 de xuño, ás 19 horas, na sala Apos'trophe de Vigo.

  • Festa de outono

    Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

    O Ateneo Atlántico de Vigo prácese en invitar a todas as súas asociadas e asociados, e ao público en xeral, á nosa habitual festa de outono. A xuntanza, que terá lugar o xoves 28 de setembro, ás 19.30 horas, no noso local (rúa Doutor Cadaval 17) ten como obxectivo a presentación do novo curso cultural co adianto e concreción das actividades que xa están pechadas.