- This event has passed.
Exeria. Entrega de premios
13 Xuño 2023 / 19:00 – 21:00
O Ateneo Atlántico de Vigo, xunto coa Fundación Xoán Piñeiro e os patrocinadores, Terras Gauda e Grupo Eduardo Vieira, prácense en organizar o acto de entrega de premios da terceira edición do certame Exeria de relatos curtos. Terá lugar o martes 13 de xuño de 2023, ás 19 horas, na biblioteca da EMAO. Haberá actuación musical, lectura dos relatos premiados, intervención da presidenta do Ateneo e do presidente do Xurado, e un viño galego de confraternización. A entrada será libre até completar o aforo.
A encargada da música será a cantautora M.J. Pérez que, ao longo do acto, interpretará tres das súas composicións.
A presidenta do Ateneo Atlántico, Luísa Abad, e da fundación Xoán Piñeiro, realizarán a presentación da terceira edición do certame salientando a proxección que, aos poucos, está a conseguir.
O escritor Xabier Paz, presidente do xurado, procederá á lectura da acta de resolución do certame, destacando os motivos que levaron ao xurado a emitir o seu faio en favor dos premiados.
Entrega do premio ao relato finalista (500€ e diploma) e lectura por parte de Susi de la Torre.
Entrega do premio ao relato gañador (1000€, bronce de Cuqui Piñeiro e diploma) e lectura por parte de Toñi Caseiro.
Despois de escoitar a interpretación da última peza musical de MJ Pérez, compartiremos un viño galego.