A pegada de Pedro Madruga en Cristóbal Colón

Organizado pola Comisión de Pensamento e Debate do Ateneo Atlántico, o próximo martes 28 de novembro Ángel Carracelas compartirá con nós os resultados das súas investigacións arredor da galegidade de Cristóbal Colón e a máis que probable relación con Pedro Madruga. O acto terá lugar no martes 28 de novembro, ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO. A presentación correrá a cargo de Teresa Conde Pumpido.

O conflito entre Israel e Palestina

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O martes 12 de decembro estará con nós Javier Couso, (ex) Vicepresidente da Comisión de Asuntos Exteriores do Parlamento Europeo. Desde o seu punto de vista privilexiado falara arredor do conflito entre Israel e Palestina e, sobre todo, das repercusións na xeoestratexia de Oriente Medio. Será ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO.

Limpar a praia, Coidar a auga, Defender a vida.

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O Ateneo Atlántico, en colaboración coa Rede para o Decrecemento Eo Navia, Galiza O Bierzo, presenta a actividade Limpar a praia, Coidar a auga, Defender a vida, que terá lugar o martes 6 de febreiro, ás 19.30 horas, na EMAO.

Coidamos do galego? Dígocho eu!

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

Esther Estévez (presentadora e directora do Dígocho Eu! TVG) e Xurxo Martínez (filoloxía galega), conversarán aredor da situación actual da lingua galega. Realmente, estamos a coidar o galego? Será o martes 5 de marzo, ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO. A entrada será libre ata completar o aforo.

O sexo non é o xénero

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O martes 12 de marzo, a partir das 19.30 horas teremos con nós ao psicólogo clínico e psicoanalista Manuel Fernández Blanco; será na biblioteca da EMAO e falara arredor dun tema tanta actualidade como é "O sexo non é o xénero".

Banca Ética

Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, Spain

O martes 16 de abril, ás 19.30 horas, no local da Casa Galega da Cultura poremos enriba da mesa o tema da Banca Ética. Mario Martínez Lorenzo falará sobre a Sabia, unha moeda social galega, mentres que Manuel Adame Moldes o fará sobre Fiare, modelo de banca ética.