Acto de entrega, Premio Exeria 2025
Hoxe traemos o vídeo do acto de entrega do Certame Exeria de relato Curto 2025 (5ª edición). O gañador foi Marcos López Concepción co seu orixinal 99.98
Hoxe traemos o vídeo do acto de entrega do Certame Exeria de relato Curto 2025 (5ª edición). O gañador foi Marcos López Concepción co seu orixinal 99.98
Vídeo do acto do Ateneo Atlántico, O Padroado de proteción á muller en Vigo. Con Lucio Martínez Pereda e Chis Oliveira, que se celebrou o martes 13 de maio, ás 19.30 horas na Casa Galega da Cultura.
Vídeo da actividade do Ateneo Atlántico “Arqueoloxía dos puticlubs. A pegada da prostitución no noroeste de España”. Con Xurxo Ayán e Carlos Otero Vilariño presentados por María Xosé Porteiro. O acto celebrouse o martes 20 de maio na Casa Galega da Cultura cunha masiva participación de público.
Vídeo da primeira colaboración entre os atenenos pertencentes á Federación de Ateneos de Galicia no marco do ciclo Movendo os marcos, Contra o localismo. Participación en Vigo do Ateneo de Ourense con Bieito Iglesias falando sobre O ouro de Ourense coa presentación de Bieito Ledo. O acto celebrouse o martes 3 de xuño, ás 19.30, na Casa Galega da Cultura.
Vídeo do acto “Construír a democracia. Pasando o testemuño da igualdade”, coa presenza de Magis Iglesias, presentada por María Xosé Porteiro, organizado polo Ateneo Atlántico o 22 de abril na Casa galega da cultura.