Combate de versos. Yolanda López. El Ring / O Ring
16 Abril / 19:00 – 20:00
O Ateneo Atlántico prácese en presentar o libro El Ring / O Ring de Yolanda López. Quen? A autora estará acompañada de: Luísa Abad, Toñi Caseiro, María Villar, Nila A. Pousa, Aarón F. Outón e Elena Lameiro. Cando? Xoves 16 de abril, ás 19.00 horas. Onde? Na biblioteca da EMAO, en García Barbón 5. (Pendente de completar !)

O libro
Composición en dezasete asaltos e un desempate a modo de puxilato poético onde os rounds se gañan en versos ousados, de metafórica superior e fulgurantes símiles en versos rotundos e cortados a cantil. Cada un deles está encabezado por un elemento representativo do deporte do boxeo: o locutor, a corda, a luva, até desembocar na caída, o tabique, o animal de tiro, o punto de fuga. Percébese paralelismo entre boxeo e xedrez para enfatizar a loita contra un mesmo e a soedade até chegar ao triunfo do eu grazas á resiliencia ante a dor, o que leva á arte de vencer, o xaque mate á morte e á tristeza.
Poesía de identidade, de loita, vangardista, rompedora, onde predomina un estilo expresionista, surrealista, onírico, de elevada intensidade. A poesía como espello do oculto que ao remate da batalla sae á luz. O salto ao cuadrilátero para vencer ás adversidades da vida.
(Da ficha do libro en Editorial Olé Libros)
A autora
Yolanda López López, foi nada en Ourense o 13 de abril de 1976, é unha escritora, pintora e tradutora galega. É Licenciada en Filoloxía inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela e Técnica Superior en Turismo, obtivo o Diploma en Estudos Avanzados (DEA) e publicou a tesiña sobre a escritora norteamericana sureña Eudora Welty. Traballou como guía e informadora turística e foi docente no ensino medio e universitario. Estudou pintura e participou en exposicións individuais e colectivas. Colaborou en xornais e medios diversos con artigos de opinión e de investigación, recensións, poemas e relatos.
(Da ficha na web da Wikipedia)

