actividades
-
-
-
-
-
Presentación, El regreso de China
Deixámosvos o vídeo do acto de presentación do libro El regreso de China, do que autor Albino Prada. Participaron, ademais do autor, Rosa Pascual e Emilio Zunzunegui.
-
Manolo Bragado: socio de honra
Presentamos o vídeo gravado no acto de homenaxe a Manolo Bragado no que foi recibido como socio de honra do Ateneo Atlántico. O acto tivo lugar no salón Vitruvia o pasado 23 de setembro e contou coa participación de María Jesús Bragado, Jacobo Buceta, Ledicia Costas, Xosé María Palmeiro e Amada Traba. A actuación musical correu a cargo de Nausica.
-
-
-
Actividades | Homenaxes | Saídas | Vídeos
Homenaxe a Castelao
Vídeo do acto conxunto organizado pola Federación de Ateneos de Galicia como homenaxe a Castelao. A homenaxe tivo lugar o pasado 14 de xuño en Rianxo.
A xornada completouse con diferentes actividades de confraternización entre asociadas e asociados dos ateneos galegos. -
Presentación Sereas afónicas
Video da presentación do libro Sereas Afónicas, de Luísa Abad, presidenta do Ateneo Atlántico de Vigo. O acto celebrouse o 10 de xuño e, ademais de Luisa, participaron Xabier Romero (editorial Elvira), Xina Vega, Amada Traba, e MJ Pérez coas súas cancións.
