Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Ciclo Memoria democrática 6

11 Xuño / 19:30 – 20:30

Ciclo Memoria democrática. O dereito á memoria, á dignidade e á reparación. Quen? Francisco Etxeberría Gabilondo. Cando? Xoves 11 de xuño a partir das 19.30 horas. Onde? No Salón de actos do Marco (Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra).

2026-06-11-MemoDemoc6-1600x1600

Para rematar o Ciclo de Memoria Democrática-Vítimas da Guerra civil e a ditadura , escollemos un tema que nos invita á volver revisar todo o que escoitamos nos actos anteriores: a oportunidade que se nos brinda de atender o principio ” de verdade” que necesitan as vítimas do franquismo e comprender como a lei de Memoria Democrática de 2022 pode contribuír ao recoñecemento dos terribles feitos e establecer políticas públicas de reparación que a sociedade lles debe ás vítimas.

O relator. Francisco Etxeberria Gabilondo

Contamos para iso con Francisco Etxeberria Gabilondo (Beasain 1957), un dos máis reputados antropólogos forenses do Estado, profesor de Mediciña Legal na Universidade do Pais Vasco e do Instituto Vasco de Criminología e , actualmente, asesor do Goberno en materia de Memoria Democrática. Coñecido polo gran público pola súa intervención en casos mediáticos -Caso Lasa e Zabala, Caso Victor Jara ou caso Bretón, son algúns exemplos-, a súa achega aos traballos de reparación das vítimas vai desde as súas investigacións sobre torturas no Pais Vasco ata a súa activa participación desde o ano 2000 na exhumación de fosas. Desde 0 ano 2020 coordina os traballos en Cuelgamuros para recuperar os restos de persoas enterradas alí sen o seu consentimento.

O acto será presentado pola nosa Presidenta, Luisa Abad.

Vídeo do acto
O acto

.

2026-06-11 MemoDemoc6 Mesa

.

2026-06-11 MemoDemoc6 Grupo

.

2026-06-11 MemoDemoc6 Asist

.

2026-06-11 MemoDemoc6 Rel1

.

2026-06-11 MemoDemoc6 Rel2