- Este evento pasou.
O profesor Xesús Alonso Montero é a súa obra
13 Abril / 19:30 – 21:00
O Ateneo Atlántico prácese en presentar esta homenaxe ao profesor Xesús Alonso Montero recentemente falecido. Quen? Xina Vega, Patricia Arias, Estro Montaña, José Gómez Alén e Cesar Cunqueiro; presenta Luísa Abad. Cando? Luns 13 de abril, ás 19.30 horas. Onde? Na biblioteca da EMAO, en García Barbón 5. (Pendente de completar !)

Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928 e finado na mesma cidade o 12 de febreiro de 2026, foi un ensaísta, membro do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega, catedrático de Literatura galega, sociolingüista, poeta e conferenciante galego. Foi presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017 e socio de honrra do Ateneo Atlántico.
A súa carreira profesional foi moi ampla e diversa: foi profesor de Lingua e Literatura Española, profesor e catedrático de Literatura Galega, destacou no campo da sociolingüística, realizou e publicou estudos sobre escritores galegos, fixo achegas nos ámbitos da poesía popular e os poetas alófonos en galego, sobre autores da literatura española e portuguesa, e realizou colaboracións na prensa galega. Destaca tamén o seu papel como conferenciante, con múltiples palestras en Galicia, en España e en América.
Ademais de profesor e investigador, presidiu o Foro pola Memoria Republicana de Galicia e sempre presumiu de ser comunista afiliándose ao Partido Comunista o 1 de maio de 1962. En 2025 fixo unha doazón do seu arquivo documental á Fundación Penzol de Vigo.
Xesús Alonso Montero finou en Vigo o xoves 12 de febreiro de 2026 á idade de 97 anos. Os medios de comunicación e redes sociais déronlle moita importancia á noticia. A súa despedida foi o sábado 14 cun acto civil no cemiterio de Pereiró a onde se achegaron figuras da cultura e política galegas, amigos e exalumnos. Dirixiu a cerimonia a súa filla Sara Alonso Pimentel. Acompañou o cadaleito unha bandeira comunista e proxectáronse fotos e leronse poemas. Os asistentes cantaron a «Internacional» cumprindo o desexo do finado.
(Resumo da ficha da Wikipedia)

