Cargando eventos

« Todos os eventos

Saída xeolóxica por Canido

18 Abril / 10:00 13:00

Iniciamos unha serie de roteiros pola contorna de Vigo para descubrir elementos da xeoloxía xeral dende o inicio dos tempos e o coñecemento do ciclo mineiro galaico romano do ouro. Para elo contamos con Oscar Pazos, xeólogo e investigador. Mestrado en recursos naturais e medio ambiente.

A primeira saída será o sábado 18 de abril pola baixamar de Canido. Inicio na praia da Calzoa ás 10.00 h da mañán (esta pendente de completar o punto de encontro) duracion 3 horas. Custo 8 euros por persoa. (Contido pendente de completar !)

Oscar Pazos

Oscar Pazos Rodríguez, nado en Vigo en 1967, licenciado en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo, mestrado en Recursos Naturais e Medio Ambiente, son actualmente investigador-doutorando no Departamento de Estudos do Património da FLUP- Universidade de Porto, alén de membro da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), a SEDPGYM (Sociedad Española para la Defensa del Patrimonio Geológico y Minero) e a Comisión de Geoarquelogía da SGE. Profesionalmente teño traballado como técnico de xeofísica de resistividade e consultor, nomeadamente en medio ambiente, xeotecnia e xeopatrimonio.

Precisamente, foi a partir dos traballos e investigacións sobre a minaria galaico-romana do ouro que comecei coa divulgación e a guiar roteiros sobre o tema. En 2018 publiquei A invención da Gallaecia e a minaría do ouro. Unha tese sobre as orixes de Galicia (Aterra Libros), cunha nova edición ampliada en 2023, e coa publicación de 29 Xeolugares arredor da ría de Vigo en 2024 comecei a divulgación do moi diverso xeopatrimonio que temos máis perto, procurando contribuir ó recoñecemento e conservación da terra que habitamos mediante o coñecemento dela.

O ciclo de roteiros xeolóxicos pola contorna de Vigo e comarca

– Presentación do ciclo de Saídas xeolóxicas arredor da Ría de Vigo e comarca (26.03.2026)

– Beiramar de Coruxo – Vigo (18.04.2026)

– Monte Vixiador entre Candeán e Trasmañó (Vigo – Redondela)

– Galiñeiro Chaín/ Morgadáns – Gondomar

– Monteferro en Panxón – Nigrán

– Mina galaico romana de A Lagoa en Bargela – Arbo

– Mina galaico romana de As Bornas en Tabagón – O Rosal

(Pendente de completar !)