Club de lectura
-
-
Club de lectura. Lluvia fina
Club de lectura do Ateneo Atlántico Sesión do mes de marzo (3 de marzo) Lluvia fina De Luis Llandero Asistimos 11 persoas. Das persoas asistentes algunhas estaban entusiasmadas coa obra, e outras, non tanto; dadas as expectativas que as críticas excelentes á novela pululaban por todos os medios, houbo algunha decepción. Os comentarios positivos baseábanse…
-
Club de Lectura. As rulas de Bakunin
Club de lectura do Ateneo Atlántico As rulas de Bakunin De Antón Ribeiro Coello Martes 4 de febreiro de 2020 Asistimos 11 persoas. A repercusión que tivo en nós a novela de Antón Riveiro Coello foi unánime: emocionounos. A emigración, o compromiso político e a parte afectiva dos personaxes resume os tres puntos centrais…
-
Club de lectura. A vexetariana
La Vegetariana, obra da autora coreana Han Kang, tivo varias lecturas. En xeral, gustou a escrita pola súa estrutura, tres voces con tres puntos de vista: os soños delirantes da protagonista, a relación erótico-artística do cuñado, e o papel da irmá, sempre dubidando e culpabilizándose. Esa terceira parte, quizás fose a que pareceu máis interesante….
-
Club de Lectura. Aníbal e a Pintora
O día 3 de decembro tivemos a sesión en torno a Anibal e a pintora, obra do noso compa de club de lectura, Xabier Paz. Asistimos 18 persoas que fomos comentando as nosas impresións. Pareceunos unha obra ben escrita, cun galego culto, de gran riqueza léxica e erudición. Estas virtudes tamén son causa de que,…
-
Club de lectura. Novembro 2019
O pasado día 12 de novembro tivemos a honra de recibir no Club de lectura á autora do libro que estivemos a ler este mes: Ledicia Costas co seu libro “Infamia“. Previamente á súa visita fixemos unha rolda rápida entre as quince persoas que asistimos á sesión, apuntando opinións sobre a obra. As maioritarias foron…
-
Club de lectura. Outubro 2019
O dia 1 de outubro reunímonos dezanove persoas para debater sobre “O verán sen homes” de Siri Hustvedt. Na obra, unha muller madura perde o xuizo logo de saber que o seu marido decide facer “unha pausa” no matrimonio. A “pausa” é francesa. Cando abandona o psiquíatrico refúxiase na súa cidade natal, en Minessota, onde…
-
Club de lectura. Xuño 2019
O pasado 4 de xuño reunímonos once persoas do clube de lectura para debater sobre o primeiro libro de Begoña Caamaño: Circe ou o pracer do azul, que xa vai pola sétima edición. A novela de Begoña está baseada nos libros de Homero, especialmente na Odisea. Dous dos seus personaxes, Circe e Penélope, intercambian cartas….
-
Club de lectura: Maio 2019
Na reunión do club de lectura do día 7 de maio estivemos 16 persoas arredor da novela proposta que foi “La buena letra” de Rafael Chirbes. Esta obra, a terceira deste escritor, concitou a unanimidade de todos nós: pareceunos excelente. Ana, a protagonista, cóntalle en primeira persoa ao seu fillo fragmentos da súa vida, as…
-
Club de lectura: Abril 2019
Nesta segunda reunión do Club de lectura do Ateneo Atlántico a obra que analizamos foi “A dúbida” de María Reimóndez. Non foi posible contar coa autora por atoparse fóra da cidade. A dúbida recibiu o premio na décimo cuarta edición do certame de novela por entregas de La Voz de Galicia. O feito co que…
