Club de lectura do Ateneo Atlántico
Sesión do mes de marzo (3 de marzo)
Lluvia fina
De Luis Llandero
Asistimos 11 persoas.
Das persoas asistentes algunhas estaban entusiasmadas coa obra, e outras, non tanto;
dadas as expectativas que as críticas excelentes á novela pululaban por todos os medios, houbo algunha decepción.

Os
comentarios positivos baseábanse na boa escrita, aínda que parecese
pouco coloquial a fala dos protagonistas. Gustou
a estrutura en terceira persoa (as conversas por teléfono son o fío condutor da trama) e a descrición dos personaxes, sobre todo o
retrato da nai que, querendo o mellor para
os seus fillos, idea na que ela insiste, non os deixa medrar nin lles
mostra cariño.

Dogmática, calculadora, fría
(nin chora cando morre o seu home), castradora e patriarcal, a nai é a
orixe e o pretexto para as diferentes visións que as fillas e o fillo
dan da realidade. Visións distorsionadas pola memoria ou desmemoria, xa que todos mentimos, na ficción ou na vida real, para saír favorecidos.
Víronse coma discordantes e pouco cribles os trazos da personalidade dos que formaban esa familia tan disfuncional. Mesmo
analizouse a novela coma un tratado de patoloxías con pinceladas de tremendismo que, quizais, non fosen necesarias.
Construída en espazos asfixiantes, nun tempo baleirado de conflitos sociais que, aínda que existisen, non tiveron
cabida nunha novela atemporal e intimista como “Lluvia fina“.
“Os relatos non son inocentes e non é verdade que as palabras as leva o vento“.

Así comenza a novela, e, nisto todas acordamos.
O título tamén nos interesou con discrepancias : é acaído ou non?; as palabras son como unha chuvia fina que vai calando
amodo en todos ou chove e chove ata enchoupalos?