Na reunión do club de lectura do día 7 de maio estivemos 16 persoas
arredor da novela proposta que foi “La buena letra” de Rafael Chirbes.
obra, a terceira deste escritor, concitou a unanimidade de todos nós:
pareceunos excelente. Ana, a protagonista, cóntalle en primeira persoa
ao seu fillo fragmentos da súa vida, as miserias da posguerra que
teceron as relacións familiares, as traicións e deslealdades de parte
dos seus membros. As feridas do pasado seguen abertas, non cicatrizan
porque se ocultan e seguen a facer mal. As novas xeracións ignoran o
pasado e non aprecian a lucidez, sabedoría e dignidade da precedente. Na
novela tamén está patente a atracción reprimida entre a protagonista e o
seu cuñado.
A novela é brillante tanto polo que di
como polo que se intúe. Serviunos para facer unha reflexión sobre a
xeración da guerra e da transición da ditadura cara a democracia. O
esquecemento e desprezo da vítimas do franquismo é un tema que aínda
está vixente. O silencio, incluso polos primeiros gobernos de esquerdas,
supuxo unha tremenda decepción. Creemos que está na mente do escritor
facer esta denuncia, así como tamén esbozar o perigo de que as persoas
que posúen cultura (a boa letra) manipulen cos seus coñecementos á xente
que non puido acceder a eles. Foi moi emotivo o recordo dun dos
integrantes do club, amigo persoal de Chirbes. Contounos anécdotas
vividas co escritor.