La Vegetariana, obra da autora coreana Han Kang, tivo
varias lecturas. En xeral, gustou  a escrita pola súa estrutura,  tres
voces con tres puntos de vista: os soños delirantes da protagonista, a
relación erótico-artística do cuñado, e o papel da irmá,
sempre dubidando e culpabilizándose. Esa terceira parte, quizás fose a
que pareceu máis interesante.
A lectura resultou, para algúns, rápida e fácil. Para outros, angustiosa, desagradable e non a recomendarían.
O texto literario agradou. Nalgún caso precisou dunha segunda lectura e
mesmo desacougou. Para outras, foi unha historia allea e desafecta.
Case todo o grupo coincidiu cos pensamentos da protagonista: O corpo é o
único ao que se lle pode facer dano e nin iso a sociedade patriarcal llo
permite. Está ausente, utiliza como arma o silencio. Estórballe o corpo.
Non lle permiten ser diferente.
A maioría pensaba que ela só pretendía unha comuñón coa natureza. E a
idea de mostrar a protagonista, non coma unha tola, senón como unha
mística, foi moi valorada polo grupo.
Analizouse a traxectoria vital da vexetariana quen, como muller, fora
unha ninguén, desprezada polo seu home, maltratada polo pai, e utilizada
polo cuñado.
Como curiosidade, apreciáronse algúns erros na  tradución.


Nesta sesión participamos 21 persoas.