Literateneo. Sesión do club de lectura, 7 de maio de 2025.
Libro: Arraianos de Xosé Luís Méndez Ferrín.

Participamos dezasete persoas, como de costume con predominio feminino.
A idea máis exposta foi “encantoume” e a segunda “difícil”.
Case unanimidade no gozo e na emoción de afrontar unha lectura tan infrecuente e estimulante. No remate parabéns por ter incluído esta obra.
Varias persoas sinalaron que o seu primeiro achegamento á obra de Ferrín, hai moitas anos, fóra inconclusa por ardua, para logo atestar que agora a lectura resultara un pracer laborioso.
Algunhas outras ideas repetidas foron: a capacidade para meterte dentro desa xeografía,
tan connotada pola toponimia, sobresaíndo a mole do Penagache.
Unha lectura emocionante.
A linguaxe, coa mestura de léxico enxebre ou rural e culto. O autor resulta creador da
linguaxe.
Unha prosa enchoupada en poesía polas frecuentes imaxes sorprendentes e expresivas.
Construción dos personaxes, con trazos delicados, tratamento compasivo para os diminuídos e desherdados.
A combinación de violencia e lirismo.
A variedade de voces e formas nos diversos contos.
A conexión da maxia, do marabilloso vivo na cultura popular trasladado ao rexistro culto.
Lectura intensa. Mellor dosificar, un relato cada día para remoelo ben.
Complicado e fascinante
Alguén expuxo e razoou a semellanza co Ulyses de Joyce. Cada conto un capítulo ensaiando formas deferentes formas de narrar.
O conto Adosinda foi sinalado coma o máis vangardista e complexo do libro.
Unha persoa atestou que non puidera seguir co libro logo de primeiro relato. Talvez, dixo,
non tiña a cabeza para esta lectura. Tentarei lelo de novo.
Mención aparte merece comentar a experiencia relatada por varias persoas, oito talvez sobre o achegamento á obra de Ferrín. O caso é que coincidiron en que o seu primeiro intento de lectura, había moitos anos, resultara frustrado. Comentaron que xa viñan avisadas do carácter difícil, foi a palabra, da obra do autor. Chama a atención que a excelencia literaria deba cargar co fardel do complexo incomprensíbel. Acaso deberiamos reflexionar sobre quen fomos os responsábeis (profesores?, xornalistas?, xentes letradas do común?…) de lle apor o alcume de arrevesado e intratábel que os predispuxo en contra de lectura tan gozosa