- Este evento pasou.
O conto como viaxe mental. Quico Cadaval. Ciclo Fala Viva 4
5 Novembro / 19:00 – 20:30
“O conto como viaxe mental” é o cuarto acto do ciclo Fala Viva, oralidade sen fronteiras que organiza o Ateneo Atlántico. Quen? Quico Cadaval o monologuista desta viaxe será presentado por Irene Bascoy. Cando? Xoves 5 de novembro a partir das 19.00 horas. Onde? No Salón de actos da ONCE (Av. da Gran Vía, 16, 36203 Vigo, Pontevedra).

O autor: Quico Cadaval
Quico Cadaval naceu en Ribeira o 27 de marzo de 1960, é un actor, director, adaptador teatral e o impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galicia na década dos noventa.
Aprendeu a contar contos dende moi neno grazas a unhas vellas que se encargaron de transmitirlle historias, e tamén grazas ás persoas, da máis variada índole, que pasaban pola taberna de súa nai. Comezou na interpretación teatral a finais dos setenta no Centro Dramático Galego, e xa nos oitenta fundou a súa propia compañía: “O Moucho Clerc”. Traballou en diferentes producións da TVG, así como en curtametraxes e longametraxes, e recibiu diferentes premios polo seu traballo no teatro. Foi profesor de interpretación da Operación Triunfo portuguesa no ano 2003. En 2011 recibiu o Premio Cultura Galega das Artes Escénicas que outorga a Xunta de Galicia.
Fonte: Wikipedia
A gravación do acto
.
O acto
.

.

.

.

.

.

.

.
Máis información
– Enlace a información do Ciclo “Fala Viva, oralidade sen fronteiras”

