Se ben foi un artista único e idependente, José Otero Abeledo, Laxeiro, viviu en permanente contacto coas novas tendencias e correntes pictóricas do momento, e  que posteriormente reiterpretaba para acadar un estilo propio. Presentado por Carlos Bernárdez, Javier Buján fálanos deses diálogos que estableceu Laxeiro coa pintura e os pintores do seu tempo.

LAXEIRO EN DIÁLOGO COA PINTURA DO SÉCULO XX
Con Javier Pérez Buján
Presenta Carlos Bernárdez

Martes 24 de maio, 19 horas
Biblioteca da EMAO (García Barbón)

Javier Pérez Buján.
(Pontevedra, 1965)

É licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago
de Compostela, en cuxo Departamento de Socioloxía traballou durante tres anos
en diversos proxectos de investigación, no ámbito da socioloxía da
comunicación.

Cursou o programa de doutoramento en Antropoloxía Cultural, tamén na
Universidade de Santiago de Compostela. É Master en Xestión e Políticas
Culturais Pola Universidade Autónoma de Barcelona.

Ten unha ampla experiencia en xestión cultural. Comezou no sector privado a
principios dos anos noventa, como xestor, programador, produtor e responsable
de comunicación no campo das artes escénicas, realizando numerosos
proxectos para institucións públicas e entidades privadas.

A finais dos anos noventa comeza a traballar no campo das artes plásticas como
director da Galería Abel Lepina en Vigo e, en 2000 gaña, por concurso público,
la praza de Director da Fundación Laxeiro, cargo que ocupa actualmente,
desenvolvendo traballos de comisariado, investigación, programación, xestión,
difusión e edición de publicacións, entre as que destacan a coordinación do
Catálogo Universal de Laxeiro, publicado en decembro de 2009, a edición do
libro titulado Laxeiro, os escritos de Don Ramiro e numerosas publicacións que
abordan diversos aspectos da obra Laxeiro.

Publicou tamén máis dunha trintena de textos sobre diversos artistas
contemporáneos. Como comisario, ademais de desenvolver numerosos
proxectos sobre a obra de Laxeiro, entre os que destacan as exposicións
realizadas no Instituto Cervantes de Lisboa, no Centro Atlántico de Arte Moderno
de Las Palmas de Gran Canaria, ambas en 2003; e a realizada no Museo
Nacional de Bellas Artes, en Buenos Aires, en 2006; comisariou máis de vinte
proxectos expositivos individuais de artistas contemporáneos, os máis recentes,
de Ignacio Pérez-Jofre, o colectivo NEC, ou Silverio Rivas, ademais de diversas
exposicións colectivas de artistas galegos.

Foi membro de diversos xurados de arte contemporánea, como las Bolsas á
creación artística Fundación Laxeiro, Novos Valores da Deputación de
Pontevedra, Isaac Díaz Pardo da Deputación da Coruña, Novos Comisarios do
Museo MARCO de Vigo, entre outros. É membro do IAC, Instituto de Arte
Contemporáneo.