Falar en man común. Mesa redonda. Ciclo Fala Viva 5
10 Novembro / 19:00 – 21:00
“Falar en man común” é o quinto acto do ciclo Fala Viva, oralidade sen fronteiras que organiza o Ateneo Atlántico. Quen? Estarán presentes representantes de colectivos que realizan actividades a prol da lingua falada: Asociación Atlántida, Ponte nas Ondas e Asociación de Escritores en Língua Galega, e coa coordinación de Xavier Paz do Ateneo Atlántico. Cando? Martes 10 de novembro a partir das 19.00 horas. Onde? Biblioteca EMAO (R. de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra). ! Nota.- Este acto estaba programado para o 11 de novembro, e cambiouse en solidaridade coa Folga Xeral desa data.

Máis información
– Enlace a información do Ciclo “Fala Viva, oralidade sen fronteiras”

