Asemblea xeral extraordinaria de socios

Pola presente convócase a primeira Asemblea extraordinaria de socias do Ateneo Atlántico, que terá lugar o vindeiro 23 de febreiro (venres), ás 20 horas, nos locais de ‘Tapas de Jose’, sito na rúa Ecuador número 61 de Vigo, e coa seguinte:

Orde do día:

1.
Informe da situación actual do Ateneo. Xestións e actividades levadas a
cabo e proxectos de futuro. (A cargo do presidente Anxo Cabada).

2.
Informe da xestión económica. Balance económico. Balance de asociados.
Cuotas. Situación económica a día de hoxe. (A cargo do tesoureiro Emilio
F. Zunzunegui).

3. Informe de actividades. Balance de
actividades desenvolvidas, repercusión na prensa e nas redes sociais. (A
cargo das responsables da Área de comunicación e Redes sociais, María
Xosé Porteiro e Nacho Pérez).

4. Xuntanza das Comisións por Áreas de traballo:

  • Área Social e Económica, baixo a coordinación de Emilio F. Zunzunegui e Lucio M. Pereda.
  • Área Tecnolóxica e de Medio ambiente, coordinadoras Marta Souto e Mª Xosé Porteiro.
  • Área de Cultura:
    • Sección de cinemAteneo, baixo a coordinación de Gonzalo G. Escalante e Rosario González.
    • Sección literAteneo, coordinadores Manolo Forcadela e Anxo Cabada.
    • Sección arTeneo baixo a coordinación de Carlos Bernárdez e Ana Fresco
  • Área de Cidade
    • Seccións de Estado da cuestión e Pensar a cidade, coordinadas por Xosé Luis Mateo e Dorinda Castro.

5.
Demanda de cooperación activa por parte da Xunta directiva. Necesidade
de colaboración das asociadas para levar a cabo as diferentes accións
das que consta o funcionamento diario do Ateneo: gravación de vídeo e
fotografías das actividades, páxina web, xestión de redes sociais,
comunicación, deseño gráfico, xestión xeral, contabilidade, asesoramento
xurídico-financieiro, apoio audiovisual, intendencia xeral…

6. Rogos e preguntas.

ANEXOS
Remataremos esta primeira asemblea cuns viños e unhas tapas no propio local.
Á asemblea están invitadas todas as amigas e simpatizantes que nos queiran acompañar.
En Vigo, a 6 de febreiro de 2018.