Loading Events

« All Events

Desinformación, poder e seudomedios

30 Maio / 19:30 21:00

O Ateneo Atlántico de Vigo presenta a actividade Desinformación, poder e seudomedios. Quen? Anabel Díez de Raquel Lema, presentadas por Bibiana Villaverde. Cando? O venres 30 de maio, a partir das 19.30 horas. Onde? Na Casa galega da Cultura.

2025-05-30 DesinformacionPoderPseudomedios

Os cidadáns, para coñecer a realidade e poder formarnos unha opinión crítica, temos o Dereito fundamental a unha Información veraz, que usualmente buscamos nos Medios de Comunicación tradicionais, porque esperamos cumpran con principios éticos e profesionais na busqueda dunha información obxectiva e suficientemente contrastada.

Pero esa expectativa pode verse truncada por diversas causa, das que propoñemos dúas sobre as que reflexionar o próximo día 30 de maio: por unha banda, a posible intromisión do poder político, e pensamos que a longa loita dos xornalistas da RTVG e os seus famosos “venres negros” é un expoñente para ese debate; por outra banda, os últimos anos viron a aparición de “seudomedios”, cuxa misión é ben diferente (buscar clikbaits, meros intereses económicos, esparexer bulos por razóns politicas…) e os seus métodos completamente alleos aos principios de veracidade e responsabilidade que profesionalmente se esperaría (o que provocou un recente paro dos xornalistas presentes nas Cortes).

Para tal interesante debate, baixo título “PODER,SEUDOMEDIOS,DESINFORMACIÓN, contamos coa participación de Anabel Diez, xornalista de El País e Presidenta da Asociación de xornalistas parlamentarios e de Raquel Lema, xornalista e Presidenta do Comité Intercentros de CRTVG, coordinadas por Bibiana Villaverde, xornalista de Radio Voz en Vigo.

Casa Galega da Cultura

Praza da Princesa, 2
Vigo, Galiza 36202 Spain
+ Google Map
986 226 459