Ateneo Atlántico e Libraría Andel, Conversa sobre:
Identidade e universalidade, lecturas de pintura galega
Carlos L. Bernárdez (autor) e Román Raña

A Libraría Andel e o Ateneo Atlántico covídanvos á conversa que, co título ‘Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega’, manterán Carlos Bernárdez e Román Raña o xoves 22 de febreiro de 2017, nos locais da libraría (r/ Camelias 102, Vigo).
O acto servira de presentación do libro ‘Identidade e Universalidade. Lecturas de pintura galega’, do que é autor Carlos López Bernárdez.

Xosé Carlos López Bernárdez é profesor, ensaísta, comisario de exposicións e crítico de arte e literatura. Licenciado en Xeografía e Historia, sección Historia da Arte, é profesor
de Lingua e Literatura Galegas no IES Politécnico de Vigo. Na actualidade é crítico de arte no suplemento Faro da cultura do xornal Faro de Vigo.
Algunhas das súas obras son Breve historia da arte galega (NigraTrea, 2005), Maruja Mallo, a pintura da nova muller (NigraTrea, 2010) ou Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane (Laiovento, 2016), no ámbito da arte, e De catro a catro de Manuel Antonio, (Edicións do Cumio, 1991), Lorenzo Varela: Biografía e antoloxía, Xerais, 2005) ou Eduardo Blanco-Amor, Sempre en Auria, (Xerais, 1993) no tocante á literatura.

Román Raña é profesor, escritor e crítico literario. Doutor en Filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como catedrático de Lingua Galega e Literatura no IES do Castro en Vigo. Colaborou en Faro de Vigo, A Nosa Terra, Grial ou Luzes de Galiza. Deuse a coñecer ao ser premiado na V edición do Premio Modesto R. Figueiredo o seu relato Botella Náufraga. Ademais doutras publicacións de ensaio, poesía ou narrativa, acadou o premio Blanco Amor en 1989 por O crime da rúa da Moeda Vella. Forma parte da vaga de escritores galegos agrupados na Xeración dos 80.