O ouro de Ourense
3 Xuño / 19:30 – 21:00
Colaboración entre os atenenos pertencentes á Federación de Ateneos de Galicia no marco do ciclo Movendo os marcos, Contra o localismo. Primeiro acto coa participación en Vigo do Ateneo de Ourense. Bieito Iglesias falará sobre O ouro de Ourense; presenta Bieito Ledo. Martes 3 de xuño, ás 19.30, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa).

Bieito Iglesias
Bieito Iglesias Araúxo, nado en Ourense o 8 de xaneiro de 1957, é un escritor galego.
Fillo de emigrantes, criouse en Quintián, Coles, cos avós. E licenciado en Historia e exerceu de profesor de lingua e literatura galegas en Santiago de Compostela. Colabora en xornais e revistas como A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Grial ou Tempos Novos. Traduciu a Arthur Conan Doyle ao galego.
No eido da novela ten publicado obras como Vento de seda (Xerais, 1992), A historia escríbese de noite (Galaxia, 2001), Pan e coitelo (Galaxia, 2008), ou a última Unha gripe cabaluda (Aira, 2024).
Ten, tamén numerosos libros de relatos (Aventura en Nassau (Xerais,1991), Miss Ourense (Galaxia, 1994). O mellor francés de Barcelona (Galaxia 1999) ou Amor e música lixeira (Galaxia, 2004).
Fixo pequenas incursións na literatura infanto-xuvenil (A noite das cabras do aire, Xerais, 1999) e na poesía, así como ensaios e artigos xornalísticos.
Destaca tamén o seu labor como tradutor ao galego, en colaboración con Manuel Vázquez, das aventuras de Sherlock Holmes para a editorial Galaxia (Un estudo en escarlata, 1995, A face amarela: unha aventura de Sherlock Holmes, 1995, O signo dos catro, de Arthur Conan Doyle, 1995, O can dos Baskerville, 1996, ou O arquivo de Sherlock Holmes, 1997.
(Da Galipedia, entrada Bieito Iglesias)