Ciclo Galicia no Antropoceno

Cambio climático e outros retos ambientais

Segunda Xornada: Os Mares

15 Novembro, 19:30h
Edificio Cambón (Sede do Parque Nac. das Illas Atlánticas), Rúa da Palma 4

Continúamos
co ciclo de conferencias organizadas dende a comisión de Ciencias do Ateneo Atlántico co fin de
divulgar os efectos do
cambio climático e os novos retos ambientais. Retos e cambios que levan a falar xa dunha nova era coñecida
como Antropoceno, na que é a acción do home o principal vector de transformación do noso planeta
Esta segunda xornada celebrarase de novo na sede
do Parque Nacional das Illas Atlánticas (Edificio Cambón) o xoves
15 Novembro, ás 19:30h.
Agrupadas baixo o título “Os Mares“,
tres científicos galegos aportaránnos datos sobre a trnsformación que están a
sufrir os mares, centrándose especialmente nas augas que rodean a
Galicia, a súa acidificación e a elevación da
temperatura da auga, e as consecuencias que estes cambios poden traer.
As ponencias de esta segunda xornada serán:
Algunhas evidencias do cambio climático no mar de Galicia

por Xosé Antón Álvarez Salgado 
Profesor Investigación Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC)

Sistemas de observación costeros. Integración de objetivos,

parámetros e instrumentación


por Enrique Nogueira
Investigador do Instituto Oceanográfico (IEO)

Impacto de la acidificación oceánica en Galicia

por Marcos Fontela
Investigador postdoctoral del Instituto de Investigaciones Mariñas (CSIC)
¡Vémonos no Cambón!