O Ateneo Atlántico quere, dende o seu nacemento, por un acento no debate público sobre diversos aspectos culturais, sociais e económicos que afectan á cidade. Temos organizado diversos Estados da Cuestión sobre Sanidade, Artes Escénicas ou o futuro incerto do Marco. En todos eles quedou patente a preocupación cidadá, e particularmente a dos nosos asociados, pola situación xeral da Cultura na cidade.
Dende hai tempo esa inquedanza levou a diversas xuntazas con colectivos culturais e asociacións para tentar darlle forma precisa. Así, co-organizado polo Ateneo Atlántico xunto coa Agrupación de Amigos do Marco, a Asociación Profesional de Artista “A Colectiva”, o Insituto Galego do Praxe Actual e o novo Colectivo CAIN, os convidamos a vir a unha Mesa-Debate pola Cultura en Vigo este Venres, 16 de Novembro ás 17:30 no auditorio do I.E.S. Politécnico de Vigo (rúa Conde de Torrecedeira, 88)
O debate estará presentado e moderado polo periodista e presentador Fernando Gonzalez “Gonzo“ , e articularase primeiro con tres ponencia breves, sobre os seguintes temas:
Urbanismo e patrimonio
Imaxe da cidade e identidade