Cargando eventos

« Todos os eventos

Cunetas. Luís Pimentel

28 Outubro / 19:00 – 21:00

Presentación do libro de Luís Pimentel: Cunetas. Quen? No acto estarán presentes Claudio Rodríguez Fer (autor da introdución), Xurxo Martínez González (autor do epílogo), Henrique Alvarellos (editor) e Fernando Fernández (presentador). Cando? Mércores 28 de outubro de 2026 ás 19.00 h. Onde? Biblioteca EMAO (R. de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra).

2026-10-28 Cunetas 1600x1600

A obra

A serie de poemas «Cunetas», escrita en castelán e datada por Luís Pimentel en 1947, denuncia a represión fascista na guerra civil, polo que permaneceu inédita durante toda a ditadura. Só se publicaría de xeito independente en Madrid en 1981, nunha plaquette de 215 exemplares.

Agora, Alvarellos Editora lanza unha singular edición que reúne todos lestes poemas xunto con outros dispersos de Pimentel da mesma temática de denuncia da represión franquista. Son once en total máis o poema apócrifo en galego «Cunetas». Estamos diante duns versos de angustia e dor, do berro desesperado dun dos máis extraordinarios poetas que deu Galicia.

Colaboran nesta edición o filólogo Claudio Rodríguez Fer –que repasa a traxectoria poética de Pimentel e o significado de -estes versos–, e Xurxo Mártinez Gónzalez, que asina o epílogo.

Fonte: Editora Alvarellos

O autor

Luis Pimentel (Lugo, 1895 – 1958) foi un poeta en lingua galega e castelá, relacionado coa Xeración do 27.

Estudou e exerceu o medicamento en Galicia. Os seus primeiros poemas publicáronse na revista Ronsel, pero o seu primeiro libro non apareceu ata 1950.

Na súa obra apréciase unha síntese de movementos vangardistas de dentro e fóra de Galicia. Foi autor de «Triscos» (Pontevedra: Colección Benito Soto, 1950) e de «Sombra do aire na herba» (Vigo: Galaxia, 1959, póstuma) en galego. En castelán escribiu «Barco sen luces» (Lugo: Celta, 1960), obra tamén póstuma que recolle poemas de 1927.

Na súa poesía obsérvanse influencias do modernismo, dos “ismos” vangardistas, do simbolismo francés e do existencialismo de posguerra. En canto á forma, destaca o verso libre, imaxes vangardistas, os paralelismos e as anáforas.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1990. De Luis Pimentel existe unha antoloxía en italiano, traducida do castelán e do galego e organizada por Manuele Masini. En 2026 reeditouse o poemario Cunetas, sobre os fusilamentos extraxudiciais do franquismo.

Fonte: Wikipedia

Biblioteca da EMAO

Rúa García Barbón 5
Vigo, Galicia 36209 Spain
+ Google Map