O pasado venres 13 de decembro o Ateneo Atlántico de Vigo celebrou a súa Asemblea
Ordinaria do ano 2019 e unha Asemblea Extraordinaria.
O punto central era a elección, por primeira vez, dunha Xunta Directiva do Ateneo Atlántico. A Xunta directiva ata agora era provisional e constituínte para pór en marcha e sentar as bases do Ateneo.
A
única lista que se presentou para a elección foi a de continuidade, co grupo base de
persoas que, con Anxo Cabada como presidente, viñan desempeñando as funcións de
organización e dirección de xeito constitutivo.

A
asemblea contou coa presenza de cincuenta socios e socias que votaron
por unanimidade a proposta de Xunta Directiva do Ateneo que queda
configurada do seguinte xeito:
  • Anxo Cabada, Presidente do Ateneo
  • Puri Pérez Leirós, Vicepresidenta
  • Luísa Abad, Secretaria
  • Emilio Fdez Zunzunegui, Tesoureiro
  • Vocais:
    Laura Caveiro, X. Carlos L. Bernárdez, Cristina Sotelo, Rafael Ojea,
    Remedios Copa, Gonzalo L. Escalante, Paula Giráldez, Luís Otero, José Luis Mateo e Nacho
    Pérez.
Por outra banda, e de
xeito tamén unánime, a Asemblea votou a favor da colaboración co resto de Ateneos de Galicia para a constitución dunha
Federación Galega de Ateneos,

e a posta en marcha da
solicitude de Asociación de Interese Social para o Ateneo.

O
Presidente, en nome do Ateneo Atlántico expresou o agradecemento do
Ateneo a todas as persoas que ben de xeito individual, ben de forma
colectiva (librerías, organismos públicos, asociacións, institucións,
etc.) colaboraron con nós durante estes dous anos e sen as que nada do Ateneo tivera sido posible.
Anxo
Cabada, en nome de toda a Xunta Directiva electa, tivo un especial
lembranza para todas aquelas persoas que ao longo dos dous anos pasaron pola Xunta Directiva do Ateneo e que, por diferentes motivos, xa
non van continuar: María Xosé Porteiro, Marta Souto, Manolo Forcadela,
Ana Fresco, Dori Castro e Lucio M. Pereda.
Na Asemblea houbo, tamén, lugar para os balance. En diferentes momentos destacáronse aspectos como:
  • O número de persoas que se deron de alta como socias do Ateneo foi de 325.
  • O
    Ateneo foi quen de manter a súa independencia programática ao ter
    conseguido o autofinanciamento en todas as actividades programadas.
  • En dous anos organizáronse 130 actividades.
  • Para
    a organización das actividades o Ateneo mantivo colaboracións con máis
    de cincuenta asociacións, organizacións, institucións…, dos círculos culturais, sociais e
    científicos da cidade de Vigo.
  • Polas actividades do Ateneo
    pasaron, entre outras moitas persoas que resulta imposible enumerar,
    Antonio G. Teijeiro, Ledicia Costas, Xosé Luís Méndez Ferrín, Elvira
    Landín, Antón Losada, María Xosé Queizán, Xosé Manuel Beiras, Xina
    Veiga, Álvarez Cácamo, Carme Adán, Antonio Durán Morris, Uxía Blanco,
    Antón Patiño, Teresa Moure, Fernando González Gonzo, Anxo Angueira,
    Camilo Nogueira, Xosé Luís Franco Grande, e un longo etcétera. Anxo
    Cabada dedicou unha lembraza colectiva a todas estas persoas que, sempre
    de xeito desinteresado, colaboraron nas actividades do Ateneo,
    dedicoulles, tamén, un sentido agradecemento público.
 
 
Xa para rematar, os responsables de áreas fixeron balance concreto de actividades desenvolvidas no seu ámbito de coordinación e unha previsión de actividades a desenvolver neste novo período que se abre ante nós.

  • Club de lectura, que se celebra todos os segundos martes de cada mes.
  • CinemAteneO, o segundo mércores de mes.
  • As Tertulias literarias, o terceiro mércores do mes.
  • O Cine.
  • Unha saída lúdico-cultural un sábado mensual.
  • Unha presentación de libro mensual.
  • E, semanalmente, unha actividade de contido aberto e flexible na liña das que vén organizando.
A
nova Xunta Directiva quere lembrar que o Ateneo ten un funcionamento
colaborativo e que, polo tanto, está aberta, e agradece todas as achegas,
colaboracións ou simples comentarios que os socios queiran aportar.
Tamén quere facer fincapé na idea do autofinanciamento, baseada na aportación económica anual de socias. Neste senso, cantas máis sexamos, máis e mellores actividades poderemos organizar.
 O Ateneo está nunha campaña permanente de incorporación de novas persoas e na que socios e socias tamén poden colaborar difundindo e animando a asociarse entre os seus círculos sociais.