Lembranza-Homenaxe á Asociación Cultural de Vigo
Con Camilo Nogueira e Xosé Luís Franco Grande
Modera: Ricardo Gurriarán
Martes 17 de decembro, 19.30 h. Biblioteca da Emao
O próximo martes 17 de decembro, ás 19.30 horas, na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (García Barbón), e co título ‘Asociación Cultural de Vigo. Unha imprescindible achega á cultura da nosa cidade dos 60 e 70‘ o Ateneo Atlántico
organiza un acto de lembranza e homenaxe á Asociación Cultural de Vigo.
O acto consistirá nunha conversa entre dous persoeiros que no seu
momento foron presidentes da Asociación: Camilo Nogueira e Xosé Luís Franco Grande. Actuará como presentador e moderador Ricardo Gurriarán, investigador especializado en asociacionismo en Galicia.
O
Ateneo Atlántico quere render homenaxe a unha Asociación que entendemos
imprescindible para entender a cultura galega e os movementos culturais
de Vigo dos anos 1960 e 1970, nuns momentos que resultaron de especial
dificultade para todo o que cheirase minimamente a Cultura e a
Galeguidade.
A
Asociación Cultural de Vigo, rexistrada en decembro de 1965 por un
grupo de persoas de perfil ideolóxico diverso, con predominio do
nacionalismo,

naceu, como apuntaban os promotores, co desexo de “… fomentar,
promover e desenrolar todas aquelas manifestacións culturás propias
dunha cidade nova e puxante coma Vigo (…) o cultivo da cultura propia
da Terra da que somos parte, require a primeira das nosas atencións.
Consideramos que a fala galega, de tódalas manifestacións da nosa
peculiaridade, é a que merez unha atención especial.

A
pesar de transitar entre prohibicións, multas e o ferreo control censor
exercido polo Goberno Civil e o Ministerio de Información e Turismo da
época, esta iniciativa tivo un longo percorrido acadando unha importante
consolidación na nosa cidade e deixando unha profunda pegada no seu
tecido social e cultural; pegada que o Ateneo Atlántico, hoxe, pretende
honrar e recuperar para moitos sectores da sociedade viguesa.
Entre
os presidentes da Asociación Cultural de Vigo, e a partir de Camilo
Nogueira, que foi o primeiro, podemos atopar sonas como as de Alfonso e
Darío A. Gándara, Méndez Ferrín, Nemesio Barxa, Bautista Álvarez, Cesar
Cunqueiro, Francisco Carballo e un longo etcétera entre o que hoxe
queremos salientar, pola súa presenza no acto, ao propio Xosé Luís
Franco Grande.
A Asociación, como
non podía ser menos, tivo un fondo espírito igualitario; así, entre os
grupos que formaron as distintas directiva figuran nomes como os de Mª
X. Queizán, Camino Noia, Mª C. Sanleón, Mª Luz Rey, Mª C. Vicente,
Felisa Ga Castro, Mª C. García Teixeira…
Naqueles
difíciles anos, a Asociación organizou todo tipo de actividades
culturais entre as que podemos atopar representacións teatrais, cursos
de cultura e lingua galega, conferencias, ciclos temáticos sobre
Galicia, recitais de poesía e música, presentación de libros, coloquios,
exposicións, seminarios, convocatorias de concursos de creación
artística e literaria… Tiveron especial repercusión social na cidade
de Vigo algúns dos actos musicais organizados pola ‘Cultural’, como
foron os festivais Celtas de Castrelos, a homenaxe de Galiza a Zeca
Afonso, ou a chegada á nosa cidade de Mikis Theodorakis para interpretar
o seu Canto General en base á obra de Neruda.
Polas
súas actividades pasaron o mellor do mellor da cultura galega (e non
galega) do momento. Alonso Montero, Méndez Ferrín, Mª do Carme
Kruckemberg, Maximino L. Queizán, Ramón Piñeiro, Monseñor Araúxo
Iglesias, Victoria Torres, Xosé Manuel Beiras, Voces Ceibes, Pilocha,
Camino Noia, Torrente Ballester, Mª Xosé Queizán, Carlos Casares, Uxío
Novoneira, Manuel María, Colmeiro, Manuel Lourenzo, Bocelo, Mª Luz Rey,
Conde Corbal, Otero Pedrayo, Blanco Amor, Alonso del Real, Reimundo
Patiño, Ferro Couselo, Mª Carme Sanleón, Antonio Fraguas, Xabier Pousa,
Bar Bóo, Álvaro Cunqueiro, Manuela Fraguela, Mª C. Ga Teixeira,
Filgueira Valverde, Luís Soto, Antón Seoane, Victoria Armesto, Vilas
Nogueira, Bernardino Graña, Felipe Senén, Francisco Carballo, Lois
Diéguez, etc. Foi significativa, tamén, a achega de persoeiros da
cultura portuguesa coma o
ensaísta Óscar Lópes, o filólogo Rodrígues Lapa ou o militar e político
Costa e Gomes.

Entre
as anécdotas da Asociación Cultural figuran, por exemplo, a multa de
5000 pesetas que lle impuxeron en 1968 ao profesor Aranguren por
impartir unha charla sen permiso, a suspensión de actos (Amancio Prada,
1972, César Portela 1974…) polo mesmo motivo: carecer do prescriptivo
permiso gubernamental, ou o minucioso Informe ‘sobre membros da directiva da Asociación Cultural de Vigo‘ elaborado pola policía franquista en 1971.
Camilo Nogueira Román (Lavadores, 22 de novembro de 1936) escritor, político, enxeñeiro e economista galego.
Xosé Luís Franco Grande (Tebra, Tomiño, 17 de febreiro de 1936) escritor e avogado galego. Membro de número da Real Academia Galega dende o ano 199.
Ricardo Gurriarán Rodríguez (O Barco de Valdeorras, 1953) escritor e historiador galego.